Ribadeo, 4 de abril de 2024. Concello e Acisa recuperan a campaña Domingueo en Ribadeo co obxectivo de promocionar as compras no comercio local os domingos pola mañá e o consumo na hostalería local. A música inundará os recunchos da vila durante os mediodías de sete domingos desde o 21 de abril ao 7 de xullo.
A concelleira de Comercio, Marta Saiz, sinalou que “nos pareceu interesante recuperar esta campaña comercial de Acisa conxuntamente co Concello para facer das mañás de domingo unha cita ineludible para vir pasear, mercar ou tomar o vermú a Ribadeo. Somos conscientes de que as xornadas de domingo na nosa vila atraen a moita xente, pero queremos que aínda veñan máis persoas e que gocen tamén de boa música, da que atoparán por diversos recunchos de Ribadeo os días 21 e 28 de abril, 5 e 26 de maio, 2 e 16 de xuño e 7 de xullo”.
A edil ribadense dixo que “a combinación de comprar, terracear e parolar acompañada cunhas pinceladas musicais farán que as mañás de domingo en Ribadeo sexan máis luminosas e que rexistren un maior ambiente do que xa recibimos durante todo ao ano coa chegada agora da primavera e do verán, dos días longos, das boas temperaturas… todo iso queremos aproveitalo e potencialo o máximo posible”.
Saiz engadiu que “a medida que se aproximen as datas do Domingueo en Ribadeo iremos dando a coñecer os grupos musicais e os lugares nos que actuarán. Agardamos que gusten e que nos alegren os domingos”.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, indicou que “Ribadeo sempre foi un lugar diferente, algo que marca a diferenza é a categoría de villa, distinción que se lles daba ás poboacións por algún recoñecemento especial como o de celebrar feiras e mercados ou por ser un centro urbano maior que un pobo. Desa herdanza temos hoxe un privilexio co que contan poucos lugares en España: a apertura do comercio os domingos pola mañá. Iso implica que sexan moitos os visitantes que recibimos cada domingo en Ribadeo, chegados desde Asturias, desde Lugo ou desde outros puntos da contorna, para pasar unha mañá de terrazas, de compras, de vermús… algo que poderán seguir facendo agora deixándose levar pola música”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, lembrou que “esta campaña promocional, que en Acisa vimos facendo desde hai anos é moi importante, e poder ampliala con actividades musicais da man do Concello aínda o é máis. O obxectivo pasa por potenciar as compras os domingos e por dar a coñecer Ribadeo a aquelas persoas que temos máis preto. Oviedo, Avilés, Gijón ou Lugo están a pouco máis dunha hora en coche por autovía. Desde A Coruña chegas a Ribadeo en hora e media, A Mariña e o Occidente asturiano están aquí ao lado. Queremos dirixirnos a ese público para que se achegue a pasar as fins de semana a Ribadeo ou a disfrutar dos domingos na nosa vila. Estamos mOi cerca, contamos cun comercio referente e cunha hostalería en constante movemento disposta a sorprender ao viaxeiro coas súas propostas culinarias”.
O alcalde, Dani Vega, manifestou que “segue o traballo conxunto entre o Concello e Acisa cun claro obxectivo común: potenciar o comercio, a hostalería e os servizos e así dinamizar a economía local. Ese camiño iniciámolo hai meses e así apostamos por continuar, organizando actividades que sexan un polo de atracción de visitantes durante as fins de semana de todo ano. Traballamos xuntos pola desestacionalización do turismo e queremos animar ás nosas veciñas e veciños de máis cerca, de Galicia e de Asturias, a que se acheguen a gozar do Domingueo en Ribadeo”.
Na presentación da campaña participaron o alcalde, a concelleira de Comercio, a presidenta de Acisa e o xerente do colectivo empresarial.






















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.