Ribadeo, 20 de abril de 2024. Este sábado, 20 de abril, dará comezo o XVII Ribadeo de Tapeo, un dos concursos de tapas con máis renome de Galicia. O evento gastronómico foi presentado pola concelleira de Turismo e Comercio, Marta Saiz, e polo alcalde, Dani Vega.
A edil ribadense contou que “o concurso de tapas Ribadeo de Tapeo dará comezo o vindeiro sábado, 20 de abril, e prolongarase ata o día 28. Serán 26 petiscos que escenifican o bo facer e a creatividade da hostalaría de Ribadeo”.
Saiz subliñou que “nesta edición queremos dar un paso máis e ligar a nosa gastronomía co territorio creando unha nova categoría de tapa máis sostible. E como primeiro paso quixemos establecer como requisito que os petiscos fosen elaborados nun 50% con produto local e que a organización comprobará a través da trazabilidade dos alimentos. Aproveito a ocasión para agradecer a colaboración de Eo Alimenta, que proporcionou asesoramento á hostalería e posibilitou unha rede de contactos entre os hostaleiros e as persoas produtoras da zona. Ademais con esta nova categoría desexamos poñer en valor a produción local e agroecolóxica apostando pola sustentabilidade nos tres eixos: o ambiental, o social e o económico”.
A concelleira de Turismo e Comercio dixo que “desde o Concello de Ribadeo desexamos que esta iniciativa sexa o inicio cara un camiño de alimentación máis sostible ao mesmo tempo que Ribadeo de Tapeo continúe sendo o escaparate da nosa hostalería e da súa profesionalidade e que ademais abandeire unha das ocasións para a dinamización diaria da veciñanza e serva como escusa para pasear polas nosas rúas, visitar o noso comercio e xuntarnos nos bares de sempre coa xente de sempre, unha boa maneira de levantar os ánimos e o apetito a ritmo de cociña”.
A maiores da tapa + sostible, no Ribadeo de Tapeo tamén haberá propostas doces, veganas, vexetarianas e sen glute. Os premios serán outorgados por un xurado profesional e tamén polo público, que poderá votar nas urnas que atopará nos locais participantes ou a través da aplicación do Ribadeo de Tapeo na que deberá rexistrarse. Para poder votar será obrigatorio ter degustado 5 tapas, para elo deberán ir selando o cartón ou para aquelas persoas que desexen votar a través da aplicación deberán ir escaneando as tapas que degusten a través do QR que atoparán en cada local. As persoas que participen poderán acceder a moitos premios.
























Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).

