A eurodeputada Ana Miranda e a deputada no Parlamento e representante na comisión de pesca Rosana Pérez asistirán á concentración, xunto co deputado mariñao Daniel Castro e Daniel García, deputado provincial responsable da Área de Mar e Medio Rural
A Mariña, venres 5 de abril 2024. A eurodeputada Ana Miranda e a deputada no Parlamento e portavoz de pesca do BNG Rosana Pérez, xunto co deputado mariñao Daniel Castro, así como Daniel García, deputado provincial responsable da Área de Mar e Medio Rural, o responsable comarcal Antonio Veiga e cargos orgánicos e institucionais do BNG na comarca coma @s tenentes de alcaldesa Mario Pillado e Miriam Bermúdez, a vicepresidenta da Mancomunidade de Municipios da Mariña e alcaldesa de Barreiros Ana Ermida, asistirán á concentración convocada pola Plataforma en Defensa da Pesca e dos Ecosistemas Mariños (Antiga Plataforma Manifesto de Burela).
Ante a publicación do Real Decreto polo que se regula a producción de enerxía eléctrica en instalacións ubicadas no mar, o BNG amosa unha vez máis a súa postura en contra desta disposición que fai prevalecer os intereses da industria eólica mariña por enriba dos intereses do sector pesqueiro que ven ameazados os seus caladoiros coa instalación de eólicos enriba deles.
O BNG foi moi claro sempre ante estes ataques ao sector e xa no seu día amosou o seu apoio ao Manifesto de Burela, pedindo expresamente aos demáis grupos o seu apoio ao mesmo tanto no Parlamento de Galiza coma no Congreso dos Deputados.
Así mesmo o BNG, ao igual que as confrarías galegas e do Cantábrico Noroeste rexeita a instalación de eólicos na nosa costa porque os proxectos de implantación de enerxía eólica mariña aquí non son compatibles cos usos existentes, nin coa escasa plataforma continental destas costas, que difire totalmente doutras zonas marítimas como o Mar do Norte ou o Mar Báltico.


























A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 


