Foz, 17 de abril de 2024. Os días 25 e 26 de maio o Concello de Foz organiza unhas xornadas de iniciación ao teatro co actor Avelino González. será na Sala Bahía o sábado 25 en horario de 10.30 a 13.30 e 16.30 a 19.30 horas. Haberá comida a mediodía. E o domingo a sesión será de 10.30 a 13.30 horas. O prezo é de 10 euros. É unha actividade para a que será necesario inscribirse, xa que as prazas son limitadas, na Delegación de Cultura, no teléfono 982.140.027, extensión 3, ata o día 6 de maio.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, explica: “é unha actividade que estamos moi felices de organizar, con alguén coma Avelino, que vive o teatro como o vivía o Poto, desde a alma. O que se busca é que a xente se anime a participar nos grupos de teatro afeccionado e desfrute da cultura do teatro, que é moi bonita”.
É a primeira actividade antes do III Certame de teatro afeccionado José Luis López Lorenzo -O Poto-, que se celebrará no mes de xuño, para o cal o prazo dun mes de inscrición finaliza esta semana, sendo o luns o último día hábil. Habilitouse na sede electrónica do mesmo un formulario para facer a inscrición.
A concelleira de Cultura anuncia que “as datas do certame serán o 6, 7, 8 e 14, 15 e 16 de xuño para a representación das obras elixidas na fase de solicitude. Coma estes anos contaremos co voto do público e do xurado. As bases están dispoñibles na sede electrónica e na páxina web do Concello. Unha vez pechado o prazo de selección anunciaranse as obras elixidas para participar no certame. Agardamos que sexa tan ben acollido coma nos últimos anos e animamos ás compañías a que veñan a participar”, explica Inés López.
O alcalde, Fran Cajoto, remata comentando que “en Foz abril e maio están cheos de actividades, nuns meses dedicados aos libros e á literatura, pechando a programación primaveral co certame de teatro afeccionado. Pero tamén se anunciarán actividades musicais e máis eventos en vindeiras datas”.





















Na súa confección colaborou Óptima Cultura. A presentación será este venres, 27 de febreiro, ás 11.30 na propia Catedral.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
Coincidindo co aniversario do nacemento de Rosalía e da morte de Cunqueiro, o restaurante ribadense ofrece unha versión do Caldo de Gloria e dous pratos inspirados na obra gastronómica do mindoniense —empanada e ostras en escabeche— como forma de achegar a literatura galega á mesa.
O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



