Ribadeo, 28 de abril de 2024. O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta, Jose González, visitou hoxe Ribadeo e achegouse a algún establecemento comercial asociado a Acisa. Xunto a el estiveron a presidenta e o xerente do colectivo, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como o alcalde, Dani Vega, e as concelleiras de Comercio, Cultura e Benestar Social, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo e Elena Sierra.
O conselleiro quixo poñer en valor xunto con Acisa a campaña do Bono Activa Comercio da Xunta, á que a día de hoxe hai preto de sesenta negocios locais adheridos, dos que a maioría son socios da asociación ribadense. O conselleiro animou a clientes e comercios a aproveitar esta nova edición do Bono Comercio.
Acisa agradece a visita de Jose González e o apoio da Dirección Xeral de Comercio e da recentemente estreada Consellería de Comercio ao colectivo empresarial ribadense: “agradecemos que contaran con Acisa Ribadeo para presentar e poñer en valor esta nova edición do Bono Activa Comercio na Mariña e especialmente que a primeira visita, fora en Ribadeo e a un dos nosos asociados: Ohana. Cremos que isto di moito nun dia coma o de hoxe, no que conmemoramos os nosos 35 anos de vida. Esta vista reforza a Acisa como unha asociación referente para as administracións e por suposto, e máis importante, a Ribadeo como referente comercial en Galicia”.
E engaden: “expresámoslle tamén ao conselleiro o agradecemento polas axudas que periodicamente recibimos da Xunta así como o noso desexo de mantelas e no posible aumentalas nos vindeiros meses. As asociacións empresariais precisamos do apoio e da colaboración das administracións para seguir organizando actividades e facendo entrega de materiais gratuítos ás nosas asociadas e asociados”.





















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



