Lémbranlle que na súa etapa de 12 anos como concelleiro de medio ambiente, non realizou un só traballo na zona da fraga e a súa contorna
Barreiros, 16 de abril de 2024. O goberno municipal de Barreiros acolleu con sorpresa as críticas realizadas polo portavoz da oposición sobre os traballos pendentes na zona do Santo Estevo do Ermo, tendo en conta que as fai quen nunca se preocupou por investir alí un euro.
As actuacións de adecentamento realizaranse cando o tempo meteorolóxico permita actuar con seguridade e eficiencia, tendo en conta que se trata dunha zona moi húmida e de gran sensibilidade.
Desde o goberno municipal manifestan que, efectivamente, son necesarias tamén campañas de concienciación medioambiental e a moitos niveis. O que é sorprendente, afirman desde o goberno, é que “quen foi concelleiro de Medio Ambiente durante 12 anos, se acorde de propoñelas agora, 5 anos despois de abandonar o goberno.” E recoméndanlle así mesmo “que se conciencie el sobre correcto e legal funcionamento dunha administración local, na que as cousas se fan con criterios, con planificación e atendendo a prescricións técnicas e administrativas, porque no seu desgraciado paso polo goberno municipal de Barreiros, el máis ben fixo gala de todo o contrario”.
Lembran que “este goberno municipal foi o único que realizou obras de mantemento e adecentamento da zona do Santo Estevo desde a súa adecuación a finais dos 90. Saberá o portavoz da oposición que mentres el foi concelleiro de medio ambiente e, polo tanto, responsable directo da zona, tanto as labores de desbroce como as de investimento eran realizadas por asociacións coa axuda da Deputación de Lugo, sen recibir axuda ningunha do Concello. Cando Gómez Puente deixou a concellería de medio ambiente, as varandas de protección quedaban apodrecidas, as pasarelas sen mecanismos de seguridade e a zona sen sinalización algunha de normas e riscos”.
“Non nos vai dar leccións de como actuar na zona e de realizalo desde parámetros técnicos e de prudencia, xa que leva anos actuándose dun xeito planificado para que os traballos que se realizan sexan o máis eficientes posibles”.
A alcaldesa lembrou que baixo o mandato do goberno actual “adecuáronse os accesos, sobre os que se realizan traballos de mantemento todos os anos; repuxéronse varandas e elementos de seguridade; dotouse a zona de indicacións e información sobre riscos e realizouse unha divulgación do espazo poñendo en valor o seu contido patrimonial e natural e evitando converter un espazo de tan alto valor para toda a poboación nun mero lugar visitable exposto a un uso superior ao que debe asumir pola súa fraxilidade”.
Todo iso, ao igual que a mellora dos accesos foi realizado por este goberno municipal, atendendo á sensibilidade da zona e ás necesidades existentes. Estes dous aspecto son os que deben determinar calquera actuación que se leve a cabo nun espazo que é de alto valor ambiental e no que debe respectarse un modo de intervención extremadamente cauteloso, sempre baixo parámetros técnicos e de boa execución. “Xa sabemos que a preocupación do portavoz do Partido Popular polo Santo Estevo, que parece visitar con pouca frecuencia, lle xurdiu desde que deixou de ter responsabilidades de goberno, como na maioría de cuestións sobre as que amosa un descoñecemento preocupante para quen ocupou postos de goberno durante 16 anos e aspira a dirixir este Concello”.























Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, visitouna no seu domicilio para felicitala e entregarlle un ramo de flores en nome de toda a veciñanza. Nada en Sargadelos e veciña de Cervo, foi a máis nova de dez irmáns e desde moi nova traballou no campo e coidou dos animais, sempre cun gran espírito de esforzo. Nai, avoa e bisavoa, a súa familia destaca a súa alegría, enerxía e bo humor. Moi activa ao longo da súa vida, gozaba de viaxar, da praia, de conducir e de participar nas actividades municipais, ademais de cultivar a súa paixón por cantar. Coqueta, sorrinte e cun espírito novo, Benedicta é hoxe un exemplo de vitalidade para todo o municipio.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.



