Dende o PP tamén se fan eco das queixas dos veciños de Fontemarín que reclaman o asfaltado dunha pista que pasa por diante dunha vivenda e da servizo a unha gandería porque “está en moi mal estado”
Vilalba, 17 de abril de 2024. Os concelleiros populares reivindican novamente maior atención ás parroquias do rural por parte do bipartito PSOE-Vilalba Aberta ante as queixas dos veciños de Román por varias deficiencias tanto no servizo de recollida do lixo como no estado das pistas municipais.
Os populares advirten do empeoramento do servizo de recollida do lixo poñendo como exemplo que “xa non van recoller o lixo preto dunha vivenda do barrio de Seivane, en Román, onde se retiraron contedores do lixo obrigando á xente do barrio a percorrer máis de medio quilómetro para botar o lixo cando antes dispoñía de contedores máis próximos”.
“O empeoramento do servizo apréciase tamén no estado de abandono de moitos contedores das parroquias que están rotos ou sen tapas e, polo tanto, xa non cumpren coa súa función e as bolsas do lixo rematan polo chan”, engaden. Nese sentido, reclaman “contedores en boas condicións porque os veciños están pagando por un bo servizo”.
“O estado das pistas tamén demostra o desprezo ás parroquias por parte deste goberno”, consideran ante o mal estado da pista municipal do barrio de Seivane, “chea de fochancas e co asfalto deteriorado”.
Os concelleiros do PP tamén piden o debido acondicionamento para unha pista que pasa por diante a casa doutro barrio desta mesma parroquia, en Fontemarín. “A pesar de que os veciños levan tempo solicitando o seu asfaltado continúa en mal estado, moi deteriorada e chea de terra; dificultando o acceso a unha vivenda e a unha gandería próxima”.
SERVIZOS PARA O RURAL
“Cremos que é de xustiza garantir os servizos públicos de maneira digna a tódolos veciños do noso municipio, tanto aos do núcleo urbano coma aos do rural”, subliñan.



















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



