A deputada Patricia Otero sinalou que o texto que hoxe aprobaron PP e BNG na Comisión de Industria e Turismo do Congreso está “en aberta contradición” co pactado hai unha semana na mesa de seguimento
Santiago de Compostela, 11 de abril de 2024. A deputada socialista Patricia Otero defendeu hoxe os acordos da mesa de seguimento de Alcoa e insistiu na esixencia á empresa de que cumpra os compromisos e investimentos previstos o pasado ano. Otero explicou que o texto aprobado na Comisión de Industria e Turismo cos votos de PP e BNG “está en aberta contradición” cos anteditos acordos, adoitados hai unha semana “coa participación da Xunta”. “O cinismo do PP non ten límites. O Goberno galego fai unha cousa e os deputados do PP fan a contraria”, sinalou.
Patricia Otero asegurou que a postura do PSOE segue sendo a mesma que sempre mantivo, “defendendo os postos de traballo e, polo tanto, que se cumpra o acordo por parte de Alcoa e que no caso dunha venda se garanta por parte das administracións, tamén da Xunta, que para iso ten as competencias de industria, que esta se realice a un comprador industrial, con vocación de permanencia e mantendo o emprego”. Mentres tanto, “a pinza acordada hoxe non beneficia en nada aos traballadores”.
De feito, afirmou, o aprobado por PP e BNG, instando ao Goberno a intervir Alcoa, faise “de costas aos traballadores”. No primeiro caso, utilizando ademais o Congreso “para mentir descaradamente, valéndose da situación de Alcoa na estratexia de confrontación habitual do PP nacional, agora trasladada á Mariña de Lugo”.
Otero lamentou que nin populares nin nacionalistas aceptaran unha emenda do PSOE ao texto baseada no acordo que os traballadores apoiaron. “Quedan de manifesto as súas contradicións. As do PP, pedindo a intervención dunha empresa privatizada polo propio PP, e as do BNG pedindo que se axilicen os trámites das PPA de enerxía, cando sempre está en contra do desenvolvemento da eólica, tanto terrestre como mariña”, explicou.























A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.



