Lugo, 18 de maio de 2024. As Escolas Vellas de San Miguel de Reinante acolleron esta mañá a xornada técnica “Convives ou combates. Ti elixes!” sobre a vespa velutina, organizada pola área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo da man da Asociación Galega de Apicultura e do Concello de Barreiros.
O deputado Daniel García presentou a charla na que Joaquin Lozano, veterinario e asesor técnico de AGA, e José María Bello, apicultor e responsable da asociación no Morrazo, falaron sobre coñecementos e os recursos precisos para afrontar a proliferación desta especie invasora. O ciclo reprodutivo da velutina ou a elaboración, eficiencia e mantemento que requiren as trampas foron algúns dos temas que abordaron durante as súas intervencións.
Daniel García destacou a importancia destas iniciativas para “que a veciñanza teña os coñecementos necesarios para actuar na súa contorna máis inmediata fronte a esta problemática, que está afectando á apicultura, á produción froitera e agraria e á veciñanza en xeral”.
O coloquio forma parte dun ciclo impulsado pola área de Rural, con charlas nas diferentes comarcas -Lugo, Samos e Carballedo- que terá continuidade nos meses de verán con talleres prácticos.
En relación coa vespa velutina, a área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo ven trasladando tanto no ámbito institucional como político a necesidade dunha abordaxe integral desta problemática por parte da Xunta de Galiza, que compense os danos causados nas producións melíferas e froiteiras pola vespa velutina e que reforce as accións de prevención e de investigación para frear a expansión desta especie invasora.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



