Foz, 9 de maio de 2024. O alcalde de Foz, Fran Cajoto, denuncia que o Concello perde 120.000 euros ao ano polo incumprimento na cesión de terreos de Portos de Galicia. O rexedor tratou este asunto co presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) porque esta entidade e a Xunta de Galicia asinaron no ano 2021 un convenio para a cesión de espazos portuarios en desuso, acordo que aínda non se cumpriu.
Fran Cajoto recibiu a visita do presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias e alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela Paz. Na reunión trataron distintos temas de interese, como a infrafinanciación da Xunta de Galicia no municipio, que supón un sobrecusto de 800.000 euros anuais para as arcas municipais: “O Concello de Foz está asumindo competencias da Xunta no servizo de axuda no fogar e na residencia de maiores e non recibe os fondos necesarios para sufragar estes servizos. Ademais, Portos de Galicia está incumprindo un acordo do ano 2021 coa FEGAMP e obrigando ao Concello a pagar 120.000 euros anuais en concepto de taxas pola ocupación de espazo para servizos públicos como a piscina, a aula de seguridade viaria, a celebración de festexos, a nave do club Kayak ou a celebración do mercado dos martes. Estamos a falar de máis de dous anos e medio e aínda non sabemos nada da valoración da solicitude, resulta completamente inaceptable”, explica Cajoto.
O alcalde indica que este desfase nas contas estano pagando as veciñas e veciños de Foz, cando non lles corresponde. “A través das taxas e impostos municipais, que foron actualizados, temos que suplir a falta de financiamento da Xunta. Demandamos o mesmo compromiso que hai desde Santiago con outros concellos: nin máis nin menos”, finaliza Fran Cajoto.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



