Ribadeo, 20 de maio de 2024. Letras no Campo, a feira do libro de Ribadeo, terá lugar do 24 ao 26 de maio no Campo de San Francisco. O poeta, creador e divulgador Quique Roxíos será o pregoeiro desta edición, pola que tamén pasarán autores como Antón Riveiro Coello ou Ledicia Costas.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, dixo que “estamos ante a décima edición da nosa feira do libro: as Letras no Campo, que vai ter lugar do 24 ao 26 de maio. Seis librarías e editoriais ocuparán as casetas situadas no Campo de San Francisco. O horario de apertura será de 11.00 a 13.30 horas e de 17.00 a 20.30 horas. Contamos desta volta con dous establecementos veciños, Pícaros Mundi e Gráficas Santiago; unha libraría de vello, a lucense Valín Libros; coa compostelá Libraría Pedreira, a editorial Canela e, como vén sendo habitual, o Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo”.
A edil ribadense subliñou que “para pregoar as Letras no Campo eliximos a un creador, poeta tamén, que se distingue polo seu compromiso coa fala galega do Eo-Navia. Trátase de Quique Roxíos, nado en Boal en 1964, licenciado en Dereito e que ten o seu destino laboral actualmente en Donosti. Colaborador en diferentes publicacións en papel e dixitais, divulgador e gañador do I Concurso de poesía Miguel G. Teijeiro e do XVII Certame de Poesía Andoriña Voandeira, convocado pola Irmandade de Centros Galegos en Euskadi, coa obra Personaxe desconocido”.
Sanjurjo contou que “na mañá do venres 24 ás 11.00 temos unha actividade para todos os públicos coa colaboración sempre xenerosa do equipo e das persoas usuarias do centro de día A Concordia de Ribadeo. É unha proposta interxeracional arredor do libro Por catro esquiniñas de nada, de Jêrome Ruillier, que fala da diversidade. Unha hora máis tarde as persoas adultas e os pícaros e as pícaras interesadas poden baixar ao auditorio. Alí, o proxecto A Trabe D’Ouro ofrece un concerto didáctico-musical centrado na música e nos cantares dos Maios, nomeadamente nos de Ribadeo. Participan os cursos de 5º e 6º de primaria dos colexios Gregorio Sanz e Sagrado Corazón. A Trabe D’Ouro ofrecerá un concerto na contorna das casetas da feira ese mesmo venres logo da lectura do pregón e a modo de remate da xornada. O venres tamén, pola tarde, temos a primeira das colaboracións ribadenses: o profesor Antonio Gregorio presenta da man de Antonio Andina e de Eoditorial o seu libro A temperie ribadense no século XXI (até 2023”.
A concelleira de Cultura seguiu a relatar que “o redactor xefe do diario La Tribuna de Cuenca, José Luís Enriquez León, con Ediciones Camelot e da man do noso cronista oficial Eduardo Gutiérrez amósanos o mundo dun thriller rural na nosa costa mariñá. Titúlase Cuando sopla el nordeste. Especialmente próximo a nós é a obra saída do Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo e que percorre a traxectoria vital da primeira licenciada en Farmacia galega e que rexentou a farmacia La Moderna en Ribadeo, Manuela Barreiro Pico. O ourensán Paco Paz tráenos Os do mar, unha novela que se desenvolve no porto de Rinlo na que un xornalista investiga a morte dun mariñeiro”.
Begoña Sanjurjo dixo que temos a maiores dentro desta oferta cultural, dúas citas que se desmarcan un pouco do que son as presentacións de libros. A primeira delas é un obradoiro aberto a todo o público no que se difunde o libro de recollida etnográfica Galicia latente, un traballo de autoedición de 2023 do fotógrafo Eduardo de Martís. Está dirixida esta proposta a un público interesado na contemporaneidade galega e nos símbolos actuais da nosa particularidade como pobo. A segunda cita vén da man da autora barreirense Lucía Ferro e de José Manuel Ventoso Picos. É unha charla coloquio que afonda no mundo da edición de libros á marxe das editoriais, chamémoslle convencionais”.
A edil indicou que “un dos pratos fortes vai ser tamén a visita de Antón Riveiro Coello, autor de Hotel Carioca, Premio Álvaro Cunqueiro de Novela 2023. Tamén, como non podía ser menos, unha das presentacións está vinculada á figura das Letras Galegas 2024. Luísa Villalta. Alma de violino será presentada polas súas autoras Eli Ríos e Beatriz Maceda, e pola ilustradora Laura Suárez. Conectando coa parte etnográfica e musical que encetamos tratando a tradición dos Maios, unha das autoridades actuais no ámbito é Xulia Feixoo, que presenta o seu libro Concha do Canizo. Este pandeiro que toco, que edita A Central Folque. Tamén, especialmente dedicado a público familiar, recibimos a Xabier Iglesias co seu Baile Tradivertido, un obradoiro de música e movemento na tarde do domingo. Tamén no seo da programación de Letras no Campo entregaranse os premios do Certame Infantil de narración e debuxo Letras Galegas 2024, o sábado a última hora, para os creadores ribadenses. E rematamos anunciando tamén a presenza dunha das autoras máis populares do panorama editorial galego. Ledicia Costas presentará en Ribadeo a súa última novela Pel de cordeiro”.
Begoña Sanjurjo engadiu: “Na Sala do Campo poderemos gozar da exposición Cen anos sen El Viejo Pancho. E no parque durante toda a semana acompañaranos a expo Orgullo da nosa lingua, unha mostra sobre un idioma único e as moitas razóns para querelo e falalo. Agardamos que este deseño resulte atractivo para ribadenses e visitantes e que anime a asistir ás presentacións e actividades participativas e á compra de libros. Vémonos da feira”.





















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



