A área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e a concellería de Educación de Burela apoian esta iniciativa que reuníu á rapazada da Mariña e de Ortigueira
Burela, 29 de maio de 2024. Burela recibiu este mércores a visita de máis de 1.700 alumnas e alumnos de dezasete centros da Mariña e Ortigueira, ademais dun colexio de Bélxica. O Correlingua, co apoio da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e a concellería de Educación burelá, amparou esta marcha que pon o foco na reivindicación do uso do galego entre a xuventude e a rapazada dun xeito festivo, sen prexuízos e desfrutando de todo o que ten que ofrecer o galego e a cultura.
O deputado de Mocidade Daniel García destacou a importancia desta cita que “xa percorreu Galiza enteira, con paradas en Lugo e Monforte, e agora despídese dende A Mariña ata o vindeiro curso. Un proxecto que ano tras ano se enmarca no calendario académico e no que milleiros de estudantes participan nesta festa”.
O tenente de alcaldesa de Burela Mario Pillado sinalou que “ a mocidade e o galego son benvidos en Burela. Para nós é un pracer e unha honra contar cunha actividade coma o Correlingua en Burela. Poidemos amosar a nosa vila a unha gran cantidade de rapaces e rapazas, no medio das nosas festas. Dende as áreas de mocidade e Educación do Concello de Burela sempre imos traballar no fomento do galego entre a poboación, especialmente entre a mocidade”
A Praza da Mariña reuniu aos mozos e mozas de colexios e institutos baixo o lema “Dende aquí ata acolá. Galego xa!”, reivindicando o uso da lingua galega na ensinanza e entre a mocidade. A xornada comezou cunha andaina e rematou coa lectura do manifesto por parte do alumnado do IES de Foz, que participou na súa elaboración. A nota musical puxérona Paco Nogueira, para o alumnado de infantil, e o grupo Cuarta Xusta e o acto estivo animado por Fran Rei, que puxo o toque de humor.
Neste encontro participaron o IES Perdouro, IES Monte Castelo, CEIP Plurilingüe Vista Alegre e o CEIP Plurilingüe Virxe do Carme –de Burela–, o IES Dionisio Gamallo, o CPR Sagrado Corazón e o CEIP Plurilingüe Gregorio Sanz –de Ribadeo–, o IES de Foz, o IES Plurilingüe San Rosendo –de Mondoñedo–, o IES de Ortigueira, o CEIP Península da Paz, o IES Marqués de Sargadelos e o CEIP de Cervo –de Cervo–, o IES Vilar Ponte e o CEIP de Celeiro –de Viveiro– e o IES Alfoz – Valadouro. Ademais, nesta actividade tamén participará estudantado do centro Gemeentelijke Basisschool De Bosmier de Balén, en Bélxica, que se atopa realizando un intercambio co CEIP Vista Alegre de Burela.
Os obxectivos das actividades desenvolvidas desde a asociación son a reflexión sobre a situación da lingua e a importancia de activar as accións a prol dela, sensibilizar a sociedade, a través da poboación infantil e moza, da importancia da defensa da lingua, asociar o uso do idioma a actividades colectivas, lúdicas e de interacción entre o alumnado de diferentes centros e localidades e contribuír a manter vivo o maior patrimonio creado polas galegas e os galegos.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



