A Mariña, 8 de maio 2024. Unha representación do BNG asistíu esta tarde ás XXXI Xornadas Técnicas de Expomar “Contra vento e marea”. O deputado provincial e delegado da Área de Mar e Medio Rural Daniel García, xunto co deputado no Parlamento Daniel Castro e membro da comisión de Pesca, o responsable comarcal Antonio Veiga e diversos cargos institucionais asistiron ao acto inaugural e ás ponencias e debates que se desenvolveron ao longo da tarde.
En declaracións aos medios, desde a formación nacionalista, Daniel García destacou a importancia deste evento e do contido destas xornadas que son un referente para todo o sector a nivel galego e estatal, nunha comarca coma A Mariña donde a pesca ten suma importancia.
Daniel Castro incidíu na necesidade un novo estatus institucional para Galiza na UE en materia pesqueira, recoñecendo formalmente o seu carácter como “Zona Altamente Dependente da Pesca” e posibilitando a súa presenza con dereito de decisión e obxección nas institucións comunitarias donde se adoptaren decisións en materia pesqueira.
Protexer ao sector ante a ameaza de instalacións eólicas mariñas en espazos destinados á pesca
Pola súa banda, o responsable comarcal Antonio Veiga quixo recordar a postura da súa formación manifestada xa en numerosas ocasións, tanto desde as institucións coma a nivel social, coma na concentración do pasado 6 de abril convocada en Burela, donde o BNG ao igual que as confrarías galegas e do Cantábrico Noroeste rexeita a instalación de eólicos na nosa costa porque os proxectos de implantación de enerxía eólica mariña aquí non son compatibles cos usos existentes, nin coa escasa plataforma continental destas costas, que difire totalmente doutras zonas marítimas como o Mar do Norte ou o Mar Báltico.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



