Ribadeo, 8 de maio de 2024. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse hoxe co alcalde de Ribadeo, Daniel Vega, no marco dunha visita institucional co fin de analizar diferentes temas de interese para o concello. A xuntanza serviu para coñecer de primeira man as demandas da entidade local en materias de competencia autonómica e para analizar proxectos para este exercicio e actuacións en marcha.
Entre elas Arias destacou que están actualmente en proceso de contratación o estudo para avaliar alternativas e a redacción do proxecto correspondente de cara á mellora do saneamento do núcleo urbano – por un importe de 280.000 euros – ou a redacción do proxecto de rehabilitación de tres inmobles das rúas Bispo Veres e Trinidade para habilitar seis vivendas de promoción pública – cun orzamento que ronda os 102.000 euros -.
Tamén resaltou a execución das obras de dragaxe no porto, nos que a Xunta está a investir preto de 2 millóns de euros co fin de mellorar a súa operatividade. E lembrou que a Consellería do Mar ten previsto realizar outras actuacións complementarias dirixidas a mellorar o entorno portuario coa pavimentación do porto comercial e do porto de Rinlo, situado na mesma localidade, no que se investirán 215.000 euros.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



