Ribadeo, 7 de maio de 2024. O alcalde, Dani Vega, fai unha valoración positiva das bandeiras azuis que veñen de conseguir as praias de As Catedrais e Os Castros-As Illas.
O rexedor municipal manifesta: “dende o Concello facemos unha valoración moi positiva das bandeiras azuis acadadas polas praias de As Catedrais, Os Castros e Illas. Estamos satisfeitos e cheos de orgullo porque son areais significativos dentro do mapa galego e estas distincións son algo moi a destacar. Dende o Concello o que estamos a facer e coidar e conservar todos estes espazos naturais, que evidentemente son puntos de referencia turística. O traballo é importante, a planificación é fundamental e tamén ter unha coordinación entre administracións. Xa dixemos hai tempo que había que mellorar a praia das Catedrais porque sabemos que é espazo natural marabilloso, é un referente turístico moi importante, pero debemos melloralo e por iso imos investir orzamento, neste caso directamente a Xunta. Sabemos perfectamente tamén que Castros e Illas son unhas praias marabillosas cuns entornos naturais que debemos conservar porque temos a obriga de facelo. Polo tanto imos investir aí, con ese convenio coa Xunta de Galicia, en conservar estes entornos naturais”.
Dani Vega engadiu que “as praias deben contar con servizos de socorrismo, asistencia sanitaria, limpeza, mellorar as contornas, pero todo baixo unha planificación. E iso foi o que valoraron para que estes entornos teñan a bandeira azul. E tamén hai que felicitar ao Real Club Náutico de Ribadeo, co que o Concello traballa conxuntamente e vamos seguir nesa colaboración porque así é como se deben facer as cousas e así temos estes resultados e por iso temos que seguir nesta liña que, dende a humildade, creo que é a correcta”.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



