O conselleiro do Mar inaugurou as XXXI Xornadas Técnicas de Expomar 2024
Burela, 8 de maio de 2024. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, avoga por conseguir que a revisión da Política Pesqueira Común se converta nunha prioridade na axenda europea co fin de garantir o futuro e a sostibilidade social, económica e ambiental da actividade pesqueira. Así o trasladou o responsable autonómico durante a inauguración das XXXI Xornadas Técnicas de Expomar, que coinciden co XXV Encontro Empresarial de Organizacións Pesqueiras, e que dende hoxe ata mañá reúnen en Burela ás entidades máis representativas do sector a nivel nacional.
Durante a súa intervención, Villares fixo un chamamento “á reflexión conxunta”, pois a convocatoria das eleccións europeas, “tenos que levar a demandar aos novos representantes dos Estados membros unha Europa pesqueira máis forte”. “A pesca ten futuro e estas xornadas axúdannos a dar luz e deben servir para adoptar as mellores decisións”, dixo. “A clave está en repensar Europa desde unha Galicia unida” engadiu.
Neste contexto, destacou que, co proceso electoral, se abre a oportunidade e a responsabilidade de atender as demandas de todas as súas concas marítimas e comezar un debate político transparente que debería conducir a unha nova PPC, na que se reequilibren os seus alicerces sociais, económicos e ambientais. O contrario, explicou, “seguirá a supoñer un perigo para a supervivencia de parte da nosa frota pesqueira”. Como exemplo citou a pesca de fondo: “unha decisión arbitraria e sen estudos por parte de Bruxelas”.
Apoio ao sector
A este respecto, destacou que Galicia foi clara e crítica desde antes da entrada en vigor do Regulamento de Execución a finais de 2022, xa que esta decisión leva ano e medio afectando de forma indiscriminada ao arrastre e ao palangre de fondo; feito que provocou que fose recorrida ante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea pola OPP-7 de Burela, cun recurso amparado pola Xunta de Galicia como parte coadxuvante, e que cifrou o impacto para a frota afectada en preto de 350 millóns de euros e para o conxunto da economía galega en 816 millóns de euros.
“Denunciamos que carecía de soporte científico e que obviaba o seu impacto socioeconómico ao non sustentarse en ningún informe que analizase previamente os efectos que a prohibición traería consigo neste eido”, resaltou. Ademais, o Comité Científico, Técnico e Económico de Pesca da alta institución comunitaria admitía que podería ter subestimado os impactos negativos do peche dos ecosistemas mariños vulnerable.
Hoxe este órgano ve imprescindible coñecer a opinión do sector sobre os impactos xerados pola adopción desta decisión, xa que isto proporcionaría unha imaxe máis fiel á realidade ao poder avaliar o eido socioeconómico; especialmente, porque o escenario actual é incerto e tendo en conta que a recomendación dos científicos do Consello Internacional para a Exploración do Mar aposta por incrementar os peches, con cinco posibles opcións para clausurar entre 102 e 115 caladoiros.
Segundo o conselleiro do Mar, cómpre apostar pola renovación estrutural actual da Comisión Europea para robustecer a voz do sector, creando un comisariado específico e que permita afondar na cogobernanza co sector na nova PPC, co fin de garantir unha maior participación dos representantes da actividade pesqueira, das rexións e dos organismos científicos no proceso de tomas de decisións. Por iso e, co fin inminente do mandato do Comisario europeo de Medio Ambiente, Océanos e Pesca, “temos que ter máis presenta ca nunca estas eleccións nas que o sector pesqueiro se xoga moito. É urxente un cambio político e lexislativo para potenciar a actividade do sector”, concluíu.




















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



