Foz, 21 de xuño de 2024. O Concello de Foz levará á comisión do luns, de urxencia, e a pleno o vindeiro xoves, 27 de xuño, a adxudicación definitiva da cafetería do centro social, unha vez celebrada a mesa de contratación este venres, día 21 de xuño.
A proposta de adxudicación da mesa é a Manuel Mostazo Moldes, que ofertou un canon anual de 1.001 euros por tres anos, con posibilidade de prórroga de outros catro anos adicionais. Un café no bar Náutico do Centro Social pasará a custar 1,10 euros para maiores de 65 anos, podendo establecer o adxudicatario un prezo libre para o resto dos usuarios. A cafetería estará aberta todos os días do ano.
O alcalde de Foz, Fran Cajoto, lembra os investimentos feitos para poder levar a cabo esta apertura: “a cafetería levaba varios anos pechada cando entramos a gobernar. No ano 2021 ampliamos por 54.500 euros a aula de seguridade viaria do peirao de Foz; deste xeito creamos unhas instalacións axeitadas para a Asociación de Discapacitados Virxe do Carme, independentes e con espazo ao aire libre, e liberamos a cafetería para a súa reforma. Unhas obras adxudicadas tamén no ano 2021 por 43.200 euros, que se completaron con 35.200 euros para a reforma completa das instalacións eléctricas e doutros servizos que se independizaron e algo máis de 15.000 euros para mobiliario. Investimos 93.500 euros na reforma dun local que agora está climatizado, ten aseos adaptados a discapacitados e unha terraza de 54 metros cadrados que se abre ao porto de Foz e a toda a ría, co obxecto claro de recuperar para os maiores de Foz un espazo de encontro que poidan volver a considerar seu”.
A concelleira de Asuntos Sociais, Ana Rojo, destaca a funcionalidade do novo bar Náutico: “son unhas instalacións totalmente adaptadas a persoas con diversidade funcional ou mobilidade reducida, con rampla e baños totalmente adaptados. A decoración evoca o Foz máis mariñeiro, con fotos antigas nas que se pode apreciar o vello peirao e o antigo pósito de pescadores. Os ventanais proporcionan unha das mellores vistas de Foz, un entorno inmellorable para que os maiores ademais de tomar un aperitivo poidan xuntarse, ler o xornal do día e desfrutar dunha boa conversa”.
Está previsto que a cafetería poida abrir as súas portas ao longo do mes de xullo, en data sen confirmar. “A comodidade da cafetería reformada, o entorno mariñeiro, as vistas, fan deste espazo recuperado un luxo que queremos ofrecer aos maiores de Foz. Pedimos desculpas pola espera, pero creo que pagou a pena”, remata o alcalde.






















A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



