Ribadeo, 26 de xuño de 2024. Os coches híbridos eléctrico beneficiaranse en Ribadeo dunha bonificación do 50% no imposto de vehículos a partires do ano 2025. Así foi aprobado no pleno celebrado onte á noite.
O alcalde, Daniel Vega, explicou que “na pasada noite celebramos un pleno municipal no que tratamos varios asuntos. O primeiro deles foi a ordenanza do imposto de vehículos de tracción mecánica. Estamos a falar da bonificación pola clase de carburante e a súa incidencia no medio ambiente, é dicir a bonificación do 50% nos coches híbridos eléctricos. Entrará en vigor no seguinte ano presupostario, no 2025”.
O rexedor contou que “tamén aprobamos definitivamente a ordenanza reguladora da prestación patrimonial de carácter non tributario, é dicir as tarifas dos servizos municipais de abastecemento da auga potable, a rede de sumidoiros e depuración, a súa estrutura de custos, o estudio de viabilidade e a revisión de prezos”.
A mellora da accesibilidade nos edificios públicos tamén estivo presente na sesión plenaria de onte: “e no punto último o que fixemos foi modificar o anexo de inversións no ano 2024, é dicir neste presuposto. Aquí o que fixemos foi solicitar unha subvención á Xunta de Galicia, apórtannos 40.000 euros, nós temos que aportar 4.000 e así vamos construír un ascensor para mellorar a accesibilidade do edificio da Escola de Música, tamén imos eliminar esa rampla lateral que impide que calquera persoa con dificultades poida acceder e así temos un edificio accesible con mellores condicións.
Polo tanto, pouco a pouco iremos mellorando a accesibilidade dos edificios públicos e quixemos empezar pola Escola de Música”, engadiu o alcalde, Dani Vega.




















Na súa confección colaborou Óptima Cultura. A presentación será este venres, 27 de febreiro, ás 11.30 na propia Catedral.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
Coincidindo co aniversario do nacemento de Rosalía e da morte de Cunqueiro, o restaurante ribadense ofrece unha versión do Caldo de Gloria e dous pratos inspirados na obra gastronómica do mindoniense —empanada e ostras en escabeche— como forma de achegar a literatura galega á mesa.
O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.



