O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, recibiu no Mazo de Santa Comba ao primeiro grupo da tempada, a asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais da Milagrosa que visitarán Monforte de Lemos
Lugo, 26 de xuño de 2024. A Deputación de Lugo arrancou este mércores a cuarta edición do programa de viaxes gratuítas Coñece a túa provincia, do que se beneficiarán preto de 2.000 persoas de 80 asociacións e colectivos lucenses. Nesta cuarta tempada os usuarios e usuarias viaxarán en dúas quendas que permitirán coñecer a provincia en verán, dende hoxe e ata o 19 de xullo, e en outono, de setembro a outubro.
Entre esta semana e o de xullo viaxarán máis de 250 persoas de 11 colectivos da provincia, que percorrerán o patrimonio natural, histórico, gastronómico e cultural de 9 concellos lucenses. A primeira entidade beneficiaria, a asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais Distrito da Milagrosa, visita no día de hoxe o Museo do Ferrocarril, o conxunto monumental de San Vicente do Pino, e o Centro do Viño da Ribeira Sacra. A ruta partiu do Mazo de Santa Comba onde o grupo foi recibido polo Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón.
O Deputado destacou o éxito continuado deste programa dende a súa posta en marcha, subliñando o seu obxectivo de promover o coñecemento da provincia e ao mesmo tempo apoiar os sectores da hostalería, turismo e comercio. “Esta iniciativa reflicte o compromiso da Deputación en consolidar un modelo de turismo de calidade, sostible e capaz de atraer visitantes ao longo de todo o ano”, apuntou Rivera Capón, quen subliñou, ademais, que este programa busca valorizar o patrimonio local e fomentar a creación e mantemento de emprego, especialmente nas áreas rurais.
Nesta tempada do 2024 o Coñece a túa Provincia, volverá a ter como punto de partida unha das dependencias de titularidade provincial como pode ser o Pazo de San Marcos, o Centro de Produción Audiovisual, a Granxa Gayoso Castro, o Centro de Interpretación Terras do Miño ou o Mazo de Santa Comba.
Ademais, incluirá como en anos anteriores o transporte para os traslados de ida e volta dende o lugar ou lugares de orixe, menú de xantar e entradas e visitas ós diferentes lugares de interese. Con cada grupo irá en todo momento un guía acompañante. As visitas serán realizadas por profesionais que contan coa habilitación de guía oficial de turismo de Galicia e polo persoal encargado de atención ó público nos diferentes museos, empresas ou obradoiros sinalados nos itinerarios do programa.



















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



