Mondoñedo, 4 de xuño de 2024. Os Socialistas de Mondoñedo reclamaron ao equipo de Goberno do PP, no pleno ordinario do mes de maio, un plan de limpeza e adecentamento dos espazos verdes, así como de tódolos espazos públicos como parques, paseos ou a Alameda dos Remedios do noso Concello.
Dende o PSdeG de Mondoñedo, “instamos ao equipo de goberno a intensificar as medidas para a adecuación e mellora das zonas verdes, con actuacións de limpeza, conservación e mantemento para que chegue a todos os espazos verdes da cidade”.
Nesta mesma sesión plenaria tamén demandaron unha solución para os rios dos Muíños, xa que cualifican a situación dos mesmos como de “moi lamentable, e dunha deixadez absoluta por parte de tódalas administracións competentes. Están sen vida, sen auga e cheos de maleza. Por iso solicitamos unha vía de solución para poder adecentar este espazo, coa colaboración de todos. A Xunta ten que dar unha resposta clara e comprometida, non podemos quedarnos de brazos cruzados diante deste panorama e deixar morrer aos nosos rios”, advirten os socialistas.
Cemiterio novo con máis vixilancia
Ademais, dende o PSdeG de Mondoñedo reclamaron, “un plan de limpeza urxente do cemiterio novo e con máis vixilancia, antes as queixas que recibimos pola falla de persoal. E que permaneza pechado pola noite”.
Coches sin pasar a ITV
A Agrupación Socialista de Mondoñedo tamén interpelou ao Goberno do PP para coñecer si existen coches en funcionamento do parque móbil do Concello, sin pasar a ITV. A resposta do Alcalde foi: “que eu teña constancia, no”. “Nosoutros temos constancia que actualmente hai coches operativos do parque móbil do Concello sin pasar a ITV”, denuncian dende o PSdeG.
Remate das obras na Casa da Xuventude que leva anos parada
En relación a que data ten prevista o equipo do Goberno para reabrir o ximnasio municipal que estaba ubicado na Casa da Xuventude, e que leva anos paralizado. O equipo de Goberno respondeu que “este ano ira” , pero que non hai unha data concreta. Hai que lembrar que o PP de Mondoñedo está pagando máis de 1.000 euros ao mes a un particular por un local que non reúne as mínimas normas de accesibilidade, e que non conta nin con duchas nin baños adaptados para que sexa utilizado como ximnasio municipal”.
Muro en Carroceira
Os socialistas tamén preguntaron cando vai construír o Concello o muro comprometido aos veciños afectados pola construción do novo vial de Carroceira, ao carón do Campo dos Paxariños. Sinalaron xa que chegaron a un acordos coas familias afectadas, e que o Concello conta cunha partida orzamentaria para a realización deste muro.
Queixas de filtracións na rúa Jose Maria Pardo
Nesta sesión plenaria o PSdeG aludiu ademais a unha queixa, que consta no rexistro no Concello, relacionado cun problema de filtracións de humidades que afecta a unha outra vivenda na rúa Jose Maria Pardo. Hai que lembrar que nesa mesma rúa, outra veciña denunciou esta mesma situación de filtracións, que están sufrindo dende fai máis dun ano, e que achacan á mala canalización das augas e das escorrentias da rúa. “Por todo iso quixemos saber que medidas tomou o Concello de Mondoñedo ante esta nova denuncia?. Segundo explicaron dende o Concello, non lles consta que esta nova filtración nesta nova vivenda sexa por mor das chuvias”.
Situación do proceso de estabilización de emprego do Concello
Os concelleiros do PSdeG tamén se interesaron pola situación do proceso de estabilización de emprego do Concello de Mondoñedo. Indicaron que xa saíron unhas prazas adiante, e agora falta o nomeamento do tribunal e as datas para rematar as que quedan pendentes.
Reunión PEPRICH
Os socialistas tamén solicitaron que os redactores do PEPRICH manteñan uha xuntanza de traballo con entidades e asociacións do concello, para explicar polo miúdo este proxecto, e tamén para escoitar novas propostas. E a maiores, solicitamos unha xuntanza coa veciñanza do Barrio dos Muíños, que está afectada directamente por este plan. E por último, veciños da Pontepousada reclaman un espello para o cruce de saída do vial.
























Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.



