Cervo, 23 de xullo de 2024. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, visitou este martes a exposición “Da Cor ao Xesto”, pinturas e tintas Costafreda, que se inaugurou a mediados de mes en Sargadelos. A mostra, que se pode visitar ata o 15 de agosto, está formada por 60 cadros de formatos diferentes como acrílicos, sumi-é tradicional ou de técnicas mixtas en tinta.
Ángeles Costafreda é de orixe francés e reside na parroquia de Galdo (Viveiro). A natureza foi sempre a súa inspiración. Leva 25 anos dedicándose á arte, expoñendo e ensinando ademais de pintar e experimentar en cada momento. De feito, impartirá un obradoiro intensivo de pintura zen sumi os días 26 de xullo e 2 de agosto. Esta actividade conta cunha subvención do concello, polo que será gratuíta para todos aqueles que desexen iniciarse no mundo artístico.
A artista tamén participou en exposicións individuais, colectivas, galerías e feiras de arte dende 1987, recibindo premios en varias ocasións, nas que se valorou a súa limpeza en cor, pincelada atrevida e poética da súa obra.
























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



