Cervo, 24 de marzo, 2026. O Concello de Cervo informa da representación da obra teatral Aire fresco, a cargo do grupo Ardora de San Cibrao, que terá lugar o vindeiro domingo, 29 de marzo, ás 19:00 horas, no Local Social de Lieiro. A entrada será libre ata completar aforo.
A presentación do evento contou coa participación da alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, da concelleira Mali Méndez, así como de membros da Asociación de Veciños Nosa Señora de Lieiro —entidade organizadora da actividade— e do elenco da obra. O acto celebrouse no propio local social onde terá lugar a representación.
Aire fresco é unha comedia que, a través do humor, convida á reflexión sobre cuestións sociais de gran relevancia. A obra aborda como a crise da covid puxo de manifesto problemas cotiáns que a miúdo pasan desapercibidos. En particular, pon o foco na situación das persoas maiores, un dos colectivos máis vulnerables durante a pandemia, destacando a necesidade de prestarlles unha atención adecuada e recoñecer o papel fundamental que desempeñaron ao longo das súas vidas.
A alcaldesa quixo poñer en valor “o enorme talento local co que contamos no noso municipio, que se reflicte en propostas culturais de gran calidade como esta”. Ademais, destacou “o importante labor que desenvolven as asociacións veciñais, que contribúen de maneira decisiva a dinamizar a vida social e cultural das nosas parroquias”.
Neste sentido, subliñou tamén “o papel fundamental dos locais sociais como espazos de encontro, convivencia e actividade, que son clave para manter vivas as nosas comunidades”.
Esta actividade cultural está organizada pola Asociación de Veciños Nosa Señora de Lieiro e conta coa colaboración do Concello de Cervo.
Desde o Concello anímase á veciñanza a asistir e gozar desta proposta teatral que combina entretemento e conciencia social.
























A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.



