O portavoz do PP na Deputación aplaude o “ton cordial e construtivo” e destaca “a aposta da Xunta pola provincia de Lugo” e “o trato igualitario de Rueda cos Concellos e provincias gobernadas por distintas cores políticas”
Lugo, 18 de xullo de 2024. O portavoz do Grupo Provincial Popular na Deputación de Lugo, Antonio Ameijide, aplaude o “ton cordial e construtivo” da reunión entre o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o da Deputación de Lugo, José Tomé, que agardamos que sirva para “impulsar investimentos frutíferos para a provincia e solucionar problemas que veñen de antano”. Así mesmo, subliña “a aposta do Goberno galego pola provincia de Lugo” e destaca “o trato igualitario de Rueda aos Concellos e provincias independentemente da cor política dos seus gobernos”.
Nese sentido, Ameijide pide a Tomé que “copie o ‘estilo Rueda’: o dun presidente que escoita os problemas da provincia e aporta solucións e investimentos”. Polo tanto, convídao a que “tome nota” e “rectifique a súa actitude de sectarismo político cara aos Concellos gobernados polo Partido Popular e a súa negativa sistemática nos máis de 5 anos á fronte da Deputación a escoitar aos seus alcaldes”.
Igualmente, o portavoz popular agradece que “a Xunta se tome en serio as infraestruturas na nosa provincia” e “pedimos á Deputación de Lugo que siga o seu exemplo apostando polo mantemento das súas propias infraestruturas e demandando ás administracións que correspondan a mellora das da súa competencia”. Ao respecto Ameijide subliña que o Goberno que preside Pedro Sánchez ten pendente as autovías da Mariña e as que conectan con Ponferrada e Ourense e lembrou que “os investimentos nas estradas estatais condicionan tamén o avance nas vías de titularidade autonómica”. Así mesmo, lembra o popular que “o AVE non chega á nosa provincia”.
Ameijide agradece “a rectificación implícita” de Tomé e PSOE para “parar de boicotear proxectos industriais sen esperar aos informes técnicos” e manifesta o seu “apoio á proposta do presidente Rueda de agardar aos informes e, posteriormente, se cumpren apoiar iniciativas industriais na provincia”. Polo tanto, “agradecemos que Tomé entrara en razón nesta materia” e continúa a demandar ao goberno provincial “apoio para captar proxectos industriais para a provincia, tal e como fai a Xunta nos seus polígonos que están practicamente ocupados, unha política que debera copiar a Deputación de Lugo”.
Igualmente, subliña que “Tomé tamén recoñece que o Goberno do Estado non está a pagar o que lle corresponde polo SAF, o que provoca que sexan os Concellos e a Xunta os que teñan que asumir os custes porque Pedro Sánchez lle nega ese financiamento aos usuarios e usuarias”.
En relación á sanidade pública, Ameijide agarda que “a reunión de onte sirva para que a Deputación de Lugo se sume á reivindicación para que o Goberno de Pedro Sánchez aumente as prazas para poder formar máis médicos. O problema da falta de médicos e da cobertura de prazas que non é so de Galicia, senón de ámbito nacional; e a solución pasa porque o Ministerio de Sanidade abre a man”.





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



