Expuxeron que hai 9 vacantes nos centros de saúde mariñáns, ao que hai que sumar que non se están cubrindo nin as vacacións nin as baixas “cando moitos municipios vén triplicada a súa poboación nestes meses”
Lugo, 18 de xullo de 2024. O Secretario Xeral do PSdeG na provincia e Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, denunciou este xoves en Burela a precariedade que sofre a sanidade na Mariña en plenos meses de verán. Alertou desta situación diante do Centro de Saúde burelés xunto á Secretaria de Organización Adxunta do PSdeG, Ana Pena, a Alcaldesa de Burela e Deputada provincial, Carmela López, membros da executiva provincial, alcaldes e alcaldesas e voceiros e voceiras socialistas na comarca.
Tomé Roca expuxo que na comarca hai 9 vacantes de médicos de familia sen cubrir, ao que hai que sumar que tampouco se están cubrindo as baixas nin as vacacións dos facultativos. “É o que pasa en Barreiros, por exemplo, que se vai quedar cun médico só no mes de agosto, cando é precisamente nesta época da ano cando se triplica a poboación na localidade pola chega dos turistas”, explicou. Unha situación que se replica nos concellos de Viveiro, Foz, O Valadouro, Cervo ou O Vicedo. Tamén alertou da falta de cardiólogo dende a xornada deste mércores no Hospital Público da Mariña, “algo realmente preocupante que pon en risco a saúde da xente”.
“Lamentablemente non é un tema novo, dende o PSdeG levamos dende hai tempo urxindo unha solución aos problemas que atravesa a sanidade pública galega. Estamos no peor momento en anos”. “Necesitamos que alguén lle poña cabeza, eu onte mesmo reuníame con Alfonso Rueda e pedinlle unha estratexia para solucionar este problema porque as medidas que toman dende Xunta de Galicia nesta materia parecen improvisadas e van dando tumbos”, expuxo Tomé Roca. Así mesmo, pide políticas sanitarias públicas, porque o que está pasando, explicou, é que o PP “está expulsando aos sanitarios da pública, que se ven na obriga de traballar na sanidade privada, e paralelamente, derivando aos pacientes a realizar probas diagnósticas e consultas á privada. Evidentemente esta non é sanidade pública que defendemos os socialistas para Galicia”.
A Alcaldesa de Burela e Deputada provincial, Carmela López, pola súa banda, denunciou que no Centro de Saúde de Burela “temos días de só dous médicos dos seis que deberíamos ter, non se están cubrindo nin vacacións nin baixas e hai peonadas polas tardes dúas veces á semana”. Detallou que “os nosos veciños e visitantes teñen que esperar entre dúas semanas, ou incluso tres, para ter unha cita de atención primaria”.
“Isto está saturando a nosa atención primaria. O que consideramos que hai que acabar con esa precariedade laboral e fomentar contratos de longa duración e non ofertar contratos dunha semana ou quince días que non atraen a profesionais”, subliña a Alcadesa.
Unha situación “insostible”
A Secretaria de Organización Adxunta do PSdeG explicou que o Partido Socialista leva tempo denunciando as carencias no sistema sanitario e só “vemos como empeora a situación e se volve insostible”. “A situación que se está a vivir en Burela esténdese por todos os municipios da contorna, da provincia e de Galicia. Este caso súmase a outros como o de Castro de Rei, onde o centro de saúde pecha durante o verán, o de Vilalba onde os nenos e nenas son atendidos polos médicos de familia ou derivados ao HULA, ou o que acontece en Mondoñedo e Barreiros que se comparte o servizo de pediatría”, expuxo Ana Pena.
“Estamos á cola na atención sanitaria do país, con máis do 60% dos concellos sen servizo de pediatría”, subliñou a socialista. Así mesmo, reiterou a petición dun plan de choque urxente, dotado cos recursos suficientes para corrixir esta xestión deficitaria e esta demora na atención sanitaria que estamos padecendo os galegos e as galegas”.
“O Goberno do Estado vén de asinar unha partida de máis de 11M€ para o reforzo en Galicia da atención primaria, para unha competencia que é exclusiva da Xunta e para un servizo que é esencial para os galegos e galegas”, explicou Ana Pena.



















O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.



