Ribadeo, 15 de xullo, 2024. Do xoves 18 ao sábado 20 de xullo, vanse celebrar as XXII Xornadas de historia local dedicadas á actividade no porto de Porcillán (tanto a nivel tecnolóxico, coa construción de navíos, como comercial, coa intensa actividade mercantil desenvolvida polos nosos barcos por todo o norte de Europa).
Contarase coa presenza de Joam Carmona Badía, catedrático de Historia e Institucións Económicas da USC e con Alberto Parage, veciño da localidade e gran coñecedor da historia, que xa ten colaborado coa A. C. Francisco Lanza noutras Xornadas de Historia Local.
Os diferentes actos vanse desenvolver no Salón de Actos da Casa do Mar, en horario de 20,30 a 22,30. O sábado haberá unha viaxe pola ría de Ribadeo en torno ás 13,00 horas.
O xoves 18 abrirá as Xornadas Joam Carmona Badía, coa súa charla: “Riga-Amsterdam-Ribadeo: a idade de ouro do comercio ribadense”.
O venres 19 intervirá Alberto Parage coa súa charla: “O estaleiro de galeóns de Ribadeo”.
O sábado 20, en horario diferente, que vai roldar as 15,10 horas, farase unha viaxe pola ría de Ribadeo para facer un comentario dos principais puntos de recollida de madeira para o desenvolvemento da actividade nos estaleiros ribadenses. Haberá un límite de 34 prazas. O prezo pode oscilar entre os 10 e os 20 € (aproximadamente). Quen estea interesado/a en inscribirse ou pedir máis información debe enviar unha mensaxe por whatsapp ao número de teléfono 699809606 indicando nome e apelidos e o comentario “Viaxe Xornadas Historia Local”. O billete pagarase ao subir ao barco.

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



