Lourenzá, 11 de xullo de 2024. A Concellería de Cultura de Lourenzá convoca a sexta edición do Certame de Teatro Afeccionado Concello de Lourenzá, no que poderán participar unicamente compañías ou grupos de teatro afeccionado que superen un proceso previo de selección, admitíndose calquera tipo de xénero e empregando preferentemente a lingua galega en calquera das súas variantes dialectais. Anunciouno hoxe, xoves, o concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron.
Os grupos interesados en participar deberán inscribirse nas oficinas municipais do Concello de Lourenzá ou por correo, enviando a seguinte documentación: ficha de inscrición, que aparece na páxina web do Concello; fotocopia do CIF do grupo ou compañía; ficha artística e técnica; e DVD, pendrive ou tarxeta coa gravación dunha representación da obra presentada a concurso. O prazo de presentación das solicitudes comezará ao día seguinte da publicación destas bases na web do Concello e rematará o 27 de setembro de 2024.
As representacións terán lugar no edificio multiusos Ponte de Cuñas durante os meses de outubro e novembro deste ano, establecéndose un máximo de oito (a organización, en función da calidade das obras, poderá modificar o número de representacións). O horario será establecido pola organización.
No mes de decembro terá lugar a entrega de premios nunha gala na que haberá unha representación teatral ou musical profesional. Para cada premio o xurado seleccionará tres nominados e será nesa gala cando se coñeza o gañador de cada categoría. A nominación será comunicada pola organización aos interesados. Á gala final deberán asistir todos os nominados/as ou os representantes nos que deleguen.
O Concello nomeará un xurado independente que presidirá o edil de Cultura ou a persoa na que delegue. O fallo do xurado será inapelable.
Cada grupo ou compañía de teatro seleccionado recibirá a cantidade de 350 euros en concepto de participación, desprazamento, montaxe, etcétera. Ademais establécense os seguintes premios:
– Premio Conde Santo á mellor representación: 750 euros e trofeo.
– Premio Lourenzo ao mellor actor: trofeo.
– Premio Ana á mellor actriz: trofeo.
– Premio ao mellor actor de reparto: trofeo.
– Premio á mellor actriz de reparto: trofeo.
– Premio á mellor posta en escena: trofeo.
– Premio especial do público: trofeo.
O xurado, de acordo coa organización, poderá establecer algún premio máis se o considerara oportuno.
Os medios técnicos necesarios para a representación correrán a cargo dos participantes. E a xestión de pago á SGAE polos dereitos de autor correrán a cargo do grupo ou compañía participante no certame.





















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



