Foz, 31 de xullo de 2024. O alcalde de Foz, Fran Cajoto, anuncia para o mes de setembro a continuación das obras de canalización de impulsión da nova depuradora no casco histórico da vila. A tubaxe atravesará as rúas de Otero Pedrayo, Congostra do Cura e Paco Maañón.
“Grazas á insistencia municipal as obras comezaron e a estación depuradora contará cun punto de descarga para o baleirado de fosas sépticas, que se está a tramitar a través dun proxecto modificado. O goberno municipal conseguiu tamén que se mantivese a construción dun novo tanque de tormentas que se situará na praia de Llas, para evitar as verteduras que se producen en períodos de choiva na parte central da praia. Sempre colaboramos ante o risco de continuar cunha ría sen depurar, aínda que non nos convenza unha solución que vai a supoñer un sobrecusto anual de 150 mil euros soamente na enerxía do equipo de bombeo para elevar as augas fecais. Tampouco nos felicitamos pola rapidez dunha obra que comezou con oito anos de atraso, creo sinceramente que non se debe enganar aos veciños”, destaca o alcalde.
Ademais Fran Cajoto cualifica de “tremenda ocorrencia o aplauso forzado que lle fai o voceiro popular a Augas de Galicia polo avance das obras da depuradora. Obras que son posibles, segundo recorda, pola insistencia, a tramitación, o impulso e o traballo continuo de moitas horas que está a facer o goberno municipal”. O alcalde recorda que “o convenio inicial marcaba o ano 2016 como o de inicio das obras. Ata este 2024, oito anos despois, non comezaron os traballos e o voceiro popular vanaglóriase da rapidez. Sen embargo quéixase amargamente do retraso de un ano nunha obra conveniada coa Deputación como é a das casas baratas. Este é o nivel”.
A nova depuradora, que xestiona Augas de Galicia, ten un custe total de 13.467.885,58 euros: nun 80 por cento están financiadas pola Unión Europea a través dos Fondos Europeos de Desenrolo Rexional para o período 2014-2020 (10,78 millóns de euros). O 20% restante está financiado polas veciñas e veciños, que pagan nas súas facturas de auga cada dous meses o concepto “canon da auga”, un imposto finalista establecido na Lei 9/2010 de Augas de Galicia (2,72 millóns de euros).
“O máis curioso é meter á Deputación de Lugo polo medio cando quen recada o canon da auga é Augas de Galicia. Creo sinceramente que se está perdendo o norte das competencias intentando crearlle máis confusión á xente. Sexamos serios”, explica o alcalde, en referencia ás alusións do Partido Popular.
“O Concello é responsable e requirimos ás empresas que evitaran a construción da canalización de impulsión nos meses de verán no centro histórico. Vamos seguir reclamando celeridade, pero tamén a máxima das calidades nas obras dunha infraestrutura que vai a ter que conservar e manter o Concello e que supoñen un reto pola complexidade dun bombeo que atravesa o núcleo da vila”, remata o rexedor municipal.



















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



