Hoxe, cando esto escribo, é un día especial. 25 de xullo. Un día ó ano, proclamado aló polo 1979 Día Nacional de Galicia, no DOG nº 1, de 1 de xaneiro dese ano, en Decreto asinado polo Conselleiro de Cultura e o Presidente da Xunta. Na procura doutra cousa como documentación para unha publicación, pasei pola páxina web do Día Nacional de Galicia na Galipedia. E alí atopei, a máis doutras denominacións e algo de historia, dúas ligazóns ó Decreto da proclamación do 25 de xullo como Día Nacional de Galicia (*). Mais foi unha sorte que eu mesmo, hai dous anos, cargara na Galipedia unha imaxe da páxina do DOG co Decreto, pois ambas ligazóns, hoxe, non levan a ningún sitio válido. Pódese recoller pantallazos coa imaxe visible na Galipedia e os decepcionantes na web do DOG.
En canto vin que das ligazóns na Galipedia non podía acceder ó contido no DOG, tomei os correspondentes pantallazos e decidín ir na procura do decreto no buscador do DOG. Alí, atopei unha ligazón ó pdf do Decreto. Pulso nela… e non funciona!: “O recurso solicitado non foi atopado. Está tratando de acceder a unha páxina que non existe.”
Tento facer a procura doutro xeito. Pero nin os sete DOG de 1979 que aparecen na web nin o único de 1978 están dispoñibles na web.
Non sigo a mirar. Unha parte da historia de Galicia, a dos comezos da estruturación administrativa como Xunta de Galicia, hai que procurala nas bibliotecas e hemerotecas fisicas, non na rede. Mais non se escapa outro detalle. Na mesma páxina da Galipedia púxose no seu día, hai máis dunha década, outra ligazón, á páxina institucional do 25 de xullo, http://www.25dexullo.gal/ga/, (ou /gal, ou /gl, que con todas probei por se acaso…) ligazón que leva hoxe á páxina de portada da Xunta de Galicia (é dicir, séguese a pagar o dominio/enderezo, pero desvíase o resultado á portada da Xunta).
Quedo atordado. As hipóteses que se me veñen á cabeza son demasiado negativas. Mañá, ou calquera outro día volverei tentar atopar na web institucional do DOG as mesmas páxinas. Algún día as atoparei. En papel, seguro que si.
* Unha cousa máis que atopei foi a referencia a que neste día entréganse as Medallas Castelao. Está sen actualizar a páxina, os últimos anos non se entregan este día…

















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



