Ribadeo, 27 de xullo, 2024. Segundo palabras do voceiro do BNG Pablo Vizoso: “Durante un ano vimos de observar en incontables ocasións que o abandono no mantemento do campo de fútbol municipal por parte do goberno do PP derivou en malas condicións no estado do mesmo ou incluso imposibilidade de uso. O último destos contratempos é o traslado do campus organizado polo Atlético de Madrid na semana do 29 de xullo ó 2 de agosto ó campo do Outeiro na Devesa, coas molestias que isto ocasiona para organización e participantes”.
“Cremos que a contratación dunha empresa especializada anunciada esta semana chega tarde, e amosa unha vez máis a improvisación e a falta de criterio deste goberno: só a escasos días da celebración do Emma Cuervo comezan os traballos de recuperación do campo”.
“En varias ocasións temos preguntado no pleno quen se encargaba do mantemento do Pepe Barrera e con que criterio, e o alcalde Dani Vega respostou de todas as formas posibles: primeiro con evasivas; asegurou, despois, que unha empresa privada da que non deu datos nin se tivo coñecemento, e rematou dicindo que serían operarios do propio concello os que se encargarían destes traballos”.
“Estamos afeitos aos cambios de rumbo nos pareceres do alcalde, pero fartos de que os mesmos traian consecuencias negativas para Ribadeo e as súas instalacións municipais”.



















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



