As actuacións, con cargo ao Plan Único de Cooperación cos Concellos da Deputación de Lugo, incluíron o aglomerado asfáltico de 400 metros de firme
Vilalba, 3 de xullo de 2024. O Concello de Vilalba rematou no día de onte os traballos de rexeneración do firme das rúas que rodean a Praza da Constitución e da rúa da Emigración ata a súa intersección coa rúa Luis González Valdesuso.
En concreto, as travesías rexeneradas foron a rúa que une a Praza Suso Gayoso coa rúa José María Ledo Chao, un tramo da estrada que conecta a rúa José María Ledo Chao coa rúa da Emigración, o tramo da rúa Novo Cazón posterior á saída dos aparcadoiros subterráneos e, finalmente, a totalidade da rúa da Emigración ata a súa intersección coa rúa Luís González Valdesuso.
En total, os traballos incluíron o aglomerado asfáltico de arredor de 400 metros de firme ao que antecedeu o levantamento e pulido do firme existente que se atopaba nun notable estado de deterioro.
“O obxectivo é sempre mellorar as infraestruturas públicas e a vida diaria dos veciños e veciñas” sinalou a alcaldesa, Marta Rouco, que ademais lembrou “outras actuacións incluídas no Plan Único con esa finalidade como a rexeneración da travesía que une a Avenida da Terra Chá coa Rúa Mondoñedo, o pintado de varias rúas no casco urbano, e o subministro de luminarias solares”.
Pola súa banda, o concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Luis Fernández, asegurou que “a previsión é rematar por completo os traballos nas vindeiras semanas co pintado e a sinalización horizontal de todas as rúas que foron rexeneradas nesta última actuación”.





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



