Alfonso Villares e a directora xeral de FP visitaron as instalacións do centro do que sairá a primeira promoción de acuicultores galegos
Cervo, 5 de xullo de 2024. O IES Marqués de Sargadelos de San Cibrao convértese no primeiro instituto de Galicia en impartir o vindeiro curso (2024-2025) un ciclo medio de cultivos acuícolas dentro da nova Formación Profesional Dual Intensiva. Será grazas á colaboración entre as Consellerías do Mar e de Educación, segundo destacaron o titular autonómico Alfonso Villares, e a directora xeral de FP, Eugenia Pérez Fernández, durante a visita que realizaron este venres ao centro. Os responsables autonómicos estiveron acompañados da xefa territorial de Mar Celeiro-Lugo, Mariña Gueimunde, a alcaldesa de Cervo, Dolores García, o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e do director do centro educativo, Mario Martínez Maneiro.
A localidade luguesa ofrece así este ciclo que permitirá que do IES mariñao saia a primeira promoción de acuicultores galegos, e que só estaba dispoñible no Instituto Galego de Formación en Acuicultura (IGAFA), situado na localidade pontevedresa de A Illa de Arousa. Para elo, conta co impulso de dúas piscifactorías da comarca: Acuidoro, de Cervo, que é propiedade de Stolt Sea Farm; e Insuiña, de Xove, que depende de Nueva Pescanova.
En total, o centro oferta 22 prazas e os requisitos serán similares aos dun ciclo medio ordinario. Parte da formación impartirase no CIMA de Ribadeo, onde haberá módulos específicos de criadeiro de moluscos e crustáceos. Terá unha duración de 2.100 horas totais, que se distribuirán en dous cursos, e as prácticas serán remuneradas.
Resposta á demanda empresarial
Deste xeito, a administración autonómica, ademais da oferta formativa, dá resposta a outro dos obxectivos que demandan as empresas, que é poder contratar a persoal debidamente formado e cualificado. Por tanto, os alumnos, ademais de aprender un oficio cun futuro prometedor en Galicia, obterán un título de formación profesional que os acreditará para desempeñar o labor no tecido empresarial vinculado ao sector.
Neste senso, Villares destacou a aposta do Goberno galego pola acuicultura, sector ao que en 2024 a Xunta destina máis de 20 millóns de euros, duplicando así a contía do pasado exercicio, cifrado en 10,9 millóns. Trátase de impulsar esta actividade que en 2023 produciu un total de 109.407 toneladas por valor de 232,6 millóns de euros.
A FP, en Galicia
Este centro, que conta cuns 165 alumnos e máis de 30 profesores, oferta tamén un Ciclo Superior de FP Dual de Química Orgánica e un de FP Básica de Informática de Oficina. A Formación Profesional en Galicia ten máis de 1.700 grupos e máis de 46.700 prazas de novo ingreso.























A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



