Os veciños do barrio da Casilla, do Vilar e parte dos veciños do Castro sofren continuos cortes de auga especialmente no verán a partir das oito da tarde: “xa fai tempo que non poden contar co subministro de auga nin sequera para cubrir as necesidades máis básicas”
Burela, 24 de xullo de 2024. Os concelleiros do PP condenan “a falta de dedicación da alcaldesa, a señora López Moreno, á hora de poñer solucións aos problemas relacionados coas necesidades máis básicas dos veciños e veciñas de Burela”. Os populares fan referencia “aos cortes de auga continuos que sofren os veciños do barrio da Casilla, do Vilar e parte dos veciños do Castro; especialmente no verán a partir das oito da tarde”.
Dende o Grupo Municipal Popular explican que “non nos opoñemos á fanfarria na que está envolta a alcaldesa de Burela. Se o que busca é lucerío e fogos de artificio, ela saberá; máis o que podemos comprobar no día a día é que os veciños e veciñas queren solucións reais a problemas reais, demandas que dende o Partido Popular temos posto enriba da mesa”.
Os propios veciños lles trasladan que “xa fai tempo que non poden contar co subministro de auga nin sequera para cubrir as necesidades máis básicas” e advirten que “xa se podería ter solucionado se o goberno local do anterior mandato -do que formaba parte a señora López Moreno- ou incluso o actual bipartito houberan feito caso das indicacións do Partido Popular e invertido tempo en realizar un proxecto para actuar e dar solución a esta situación tan lamentable. Nese caso, si se dedicarían os recursos municipais a unha causa xusta”.
Os populares pregúntanse como se pode esperar que Burela abandone o furgón de cola dos Concellos da Mariña se o goberno local non é capaz de cubrir as necesidades máis básicas de tódolos veciños e veciñas” e “que está a facer a alcaldesa para mellorar, a efectos prácticos, as condicións de vida dos bureleses; máis alá da propaganda de autobombo á que nos ten acostumados”.
CONDENA AOS ACTOS VANDÁLICOS
O PP de Burela condena enerxicamente o acto vandálico no lugar de Pomeda en relación ao incendio que sufriu o castiñeiro centenario reconvertido a banco e que foi “destruído de forma triste e lamentable”.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



