Ribadeo, 16 de xullo de 2024. Pancha, seguridade, miradoiro de Loctudy e 4º Plan de Igualdade centrarán o pleno que se celebrará esta tarde no Concello de Ribadeo.
O alcalde, Dani Vega, sinalou que “esta tarde noite celebramos pleno municipal en Ribadeo, onde abordaremos varios asuntos na orde do día. O primeiro deles será incrementar a partida orzamentaria para a moeda local, a Pancha, pasamos de 65.000 a 85.000 euros. Trátase dun incremento de 20.000 euros. Entrará rapidamente en vigor para que estea en circulación esa colaboración co comercio local. É unha boa maneira de impulsar economicamente o comercio e polo tanto a moeda local incrementa o orzamento porque asinamos un convenio coa Dirección Xeral de Comercio, coa Xunta de Galicia, de 20.000 euros en promoción económica”. Para o rexedor trátase “dunha moi boa xestión, que permitirá que se beneficien todas aquelas persoas que veñan comprar á vila de Ribadeo”.
Vega contou que “tamén aprobaremos o convenio que se vai asinar coa Secretaría de Estado en materia de seguridade. Hai poucos días que tiñamos esa xuntanza da mesa de seguridade para abordar esta importante cuestión. É moi responsable coordinar todos os eventos e ten que haber seguridade en todos eles. Este convenio o que lle da é un rango superior e xa vamos ter esa coordinación coa Secretaría de Estado”.
O alcalde engadiu que “grazas tamén ao colectivo que coordina o irmandamento con Loctudy, cos que estamos a traballar conxuntamente para organizar un acto en setembro, e tamén darlle o nome de Loctudy ao novo miradoiro do Cargadeiro. E aprobaremos o cuarto Plan de Igualdade. Hai que felicitar á concelleira responsable, aos técnicos deste departamento que están a facer un grande traballo e por iso imos aprobar ese plan”.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



