Deportes destina 100.000 euros a esta convocatoria, que amosa o alto rendemento en modalidades como atletismo, piraguismo, taekwondo ou triatlón
Lugo, 22 de xullo de 2024. O Boletín Oficial da Provincial publicou a resolución provisional dos premios a deportistas individuais da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, cun investimento total de 100.000 euros.
230 deportistas figuran na resolución provisional das bolsas, que oscilan entre os 300 e os 2.500 euros e que teñen como obxectivo apoiar a mellora e perfeccionamento de deportistas de modalidades individuais, ata os 35 anos.
Na avaliación das solicitudes, valóranse os resultados deportivos acadados en probas e campionatos na respectivas categorías -desde campionatos mundiais e europeos ata galegos e provinciais – ao longo de 2023, dacordo cos baremos establecidos nas bases.
A triatleta lucense Noelia Rey, terceira no campionato do mundo de triatlón na súa categoría, e o piragüista lucense Nicolás Martínez, oitavo no campionato de europeo e campión español de paracanoe, recibirían, dacordo con esta resolucion provisional, as maiores contías (2.500 euros), xunto a Adrián Ben, cuarto no campionato do Mundo de Budapest, e ao palista lucense Ramón Fernández, campión de España de paracanoe (2.000 euros).
O piragüista ribadense Nicolás Gayol, sexto no campionato do mundo e prata no campionato estatal, a atleta do Saviñao Nuria López, tricampioa de España – 100 metros, lanzamento de xavelina e lanzamento de peso – sitúanse tamén nos primeiros chanzos (1.500), seguidos da atleta Xela Martínez, campioa de España, Laura Álvarez, Marco García e Carlos Rey, taekwondistas do Neka de Monforte, que lograron podios europeos e estatais nas súas respectivas categorías, as piragüistas Noa Díaz, Enma Devesa e Marcos González, con notorias participacións en mundiais e ouro en campionatos españois, o triatleta Esteban Basanta, sexto en Europa e campión estatal, a especialista en orientación Sofía Martínez, cuarta no campionato europeo e campioa de España ou o nadador Mauro Rodríguez, campión de España e galego (1.000 euros).
O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro destacou “o alto rendemento das e dos deportistas que se presentaron á convocatoria, que recibiu un número de solicitudes récord” e explicou que “estes premios tratan de recoñecer o esforzo e dedicación que supón a competición deportiva e colaborar nuns gastos que atenden fundamentalmente as familias, desde licenzas ou inscricións en competicións ata transporte ou material deportivo” . O responsable provincial lembrou que “se reservan un 7 por cento das bolsas para deporte adaptado, reforzando o potencial inclusivo do deporte”.
A resolución – publicada no Boletín Oficial da Provincia o sábado 22 de xullo – establece un prazo de alegacións de dez días hábiles, ata o 5 de agosto.























A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
