Nos case 5,3 millóns de euros de orzamento que manexará o Concello de Barreiros, o goberno municipal prevé a adquisición dos terreos para a instalación da EDAR
Barreiros, 14 de agosto de 2024. O Goberno de Barreiros vén de aprobar no pleno do pasado luns sen votos en contra o maior orzamento municipal da súa historia por importe de 5.299.343,99€.
Entre os investimentos aprobados, a rexedora destacou os destinados á adquisición dos terreos para a construción da nova EDAR en San Miguel, “non polo importe, senón polo simbolismo de poñer a primeira pedra para facer realidade tan demandada e necesaria infraestrutura”. Ana Ermida defendeu que o feito de contemplar este investimento nos orzamentos demostra que os goberno municipal está a poñer todo da súa parte para acadar o obxectivo final no que levan traballando o primeiro día e no que continuarán demandando a implicación do resto de Administracións.
Neste sentido, a alcaldesa informou que xa ten solicitada desde o mes de xullo unha reunión coa nova conselleira de Medio Ambiente para tratar esta cuestión, estando á espera de resposta á mesma.
Entre os investimentos previstos priorízanse os relativos á rede viaria cun importe de máis de 550.000 euros; a equipamentos públicos, como colectores de lixo ou alumeado público, cun investimento de máis de 104.000 euros ou os relativos ás redes de saneamento e abastecemento de auga, con máis de 63.000€ de investimentos novos, aos que deben sumarse os 668.500€ incluídos para mantemento e subministro destes servizos.
Ermida cualificou estes orzamentos como “realistas e axustados ás necesidades dun municipio de 3000 habitantes que está asumindo o dimensionamento duns servizos que deberían estar feitos antes de promocionar un modelo de crecemento habitacional que non se corresponde coa capacidade do mesmo”.
O financiamento municipal, debate necesario e urxente
A rexedora introduciu tamén a necesidade de “abordar con seriedade o modelo de financiamento municipal no seu conxunto e, especialmente, dos municipios galegos, que levan anos soportando unha posición de infrafinanciación na participación nos tributos do Estado o que sitúa á Administración Local Galega no seu conxunto como grande prexudicada con respecto a outros territorios.” Tamén recalcou a necesidade de “camiñar cara a un reparto de fondos entre administracións adecuadas ás competencias reais na prestación de servizos e ás necesidades sociais, xa que a dependencia dos concellos de recursos achegados desde outras administracións constrinxe de tal xeito que a falta de instrumentos financeiros equitativos e non arbitrarios por parte das administración supramunicipais, cunha estrutura metodolóxica na asignación de fondos que permitan aos concellos rurais maior flexibilidade e manexabilidade dos seus recursos, para maior liberdade e autonomía na xestión dos mesmos, provoca de facto a redución drástica de posta en marcha de proxectos ou políticas propias. Neste sentido, a participación nos impostos recadados por outras Administracións (autonómica ou estatal) debe realizarse por medio de instrumentos áxiles, que descarguen aos Concellos de burocracia innecesaria e que aseguren o coñecemento previo das cantidades obxectivas coas que conta cada administración local. Así, o Fondo de Cooperación Local debería reforzarse e converterse no instrumento de financiación preferente por parte da Administración Galega aos Concellos, eliminando outros instrumentos que debilitan os principios de igualdade e obxectividade que deben rexer o reparto de fondos públicos entre Administracións.”





















Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.
Tras o éxito das edicións anteriores, poderán participar maiores de idade e asociacións sen ánimo de lucro con polo menos 25 artigos usados, como roupa, libros, mobles ou electrodomésticos.
A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Xacobeo 2021, financiado con fondos europeos Next Generation. No acto proxectouse o tráiler e un capítulo completo. Tras a estrea, os contidos difundiranse nas redes sociais e no YouTube municipal, e no verán organizarase un novo evento para ver a serie íntegra.
Non deben prematricularse quen continúe co mesmo instrumento nin quen opte a talleres, Música e Movemento, Pandeireta ou Instrumentos Tradicionais, que se inscribirán en setembro. As solicitudes presentaranse no rexistro do Concello ou na sede electrónica, sen garantir praza. O alumnado xa matriculado mantén a súa praza se formaliza a matrícula entre o 1 e o 9 de setembro. A Escola contactará na primeira semana de setembro para confirmar dispoñibilidade segundo o Regulamento interno.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.



