Os concelleiros do PP de Foz advirten que o rexedor socialista “segue incumprindo a legalidade”
Foz, 7 de agosto de 2024. O voceiro popular de Foz, Javier Castiñeira, cre que “Cajoto non convoca o pleno porque non quere entregar a acta do pleno pasado no que infrinxiu artigos do ROF en relación á adxudicación do servizo da residencia de maiores”, motivo polo cal “queremos impugnar ese acordo dende o Partido Popular”.
“O alcalde segue incumprindo a legalidade ao non convocar o pleno ordinario do mes de xullo” segundo explica o portavoz do PP, Javier Castiñeira, que lamenta que “o PP de Foz teña que volver denunciar a falta de transparencia e legalidade na que vive o señor Cajoto á hora de dirixir os plenos e tamén de convocalos”.
Castiñeira descoñece a razón pola que o pleno ordinario correspondente ao mes de xullo non foi convocado, a pesar de “ser obrigatorio”. Pero, “o certo é que dende o Grupo Municipal Popular non coñecemos a data de celebración das comisións nin do pleno”.
O popular subliña que se trata dun “pleno importante porque se necesitaría aprobar a acta do pleno anterior no que se adoptou un acordo para a segunda adxudicación do servizo da residencia de maiores sen que o alcalde deixara votar a petición do Grupo Municipal Popular de deixalo enriba da mesa tal e como lle confire o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais”. Nese sentido, “hai un incumprimento grave por parte do alcalde, motivo polo que dende o Partido Popular xa advertimos da nosa intención de impugnalo porque infrinxe artigos do ROF”.
Á vista de que “os concelleiros precisamos esa acta para seguir con este procedemento”, Castiñeira cre que “todo ten relación” e que “Cajoto non convoca o pleno porque non quere entregar a acta do pleno pasado no que infrinxiu artigos do ROF en relación á adxudicación do servizo da residencia de maiores”, motivo polo cal “queremos impugnar ese acordo dende o Partido Popular”.
FALTA DE RESPECTO E IRREGULARIDADES
Castiñeira afea esta “actitude pouco democrática” e de “falta de respecto” por parte do alcalde socialista aos compañeiros da corporación municipal: “xa non só á oposición coma nos cinco anos de goberno, senón incluso aos seus propios socios de goberno, do BNG”.
Os populares pídenlle a Cajoto que poña enriba da mesa canto antes a acta transcrita coa totalidade do acontecido na anterior sesión plenaria e que convoque o pleno do mes de xullo porque “xa pasou unha semana do mes de agosto”.
“Os incumprimentos e irregularidades son constantes”, segundo advirte o popular. “Cajoto leva meses sen entregar a documentación dun contrato cunha empresa que os concelleiros do PP lle pedimos no pleno varias veces, cando a lei di que ten 5 días para facelo”. Á vista de que se repiten moito os incumprimentos, “non descartamos denunciar a situación ante a Valedora do Pobo”.





















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.