O porteiro brasileiro e o pívot benaventano formarán parte da plantilla que xogará en Primera División esta temporada
Burela, 6 de agosto, 2024. Mika e Malaguti, porteiro e pivote formarán parte do plantel que está configurando o técnico santiagués para a próxima tempada 24/25 e que xogará en Primeira División tras un épico ascenso en Vista Alegre ante o UMA Antequera despois de gañar ao primeiro clasificado da liga regular o primeiro partido en Antequera.
Mikael Deon, Mika, xove porteiro brasileiro de 22 anos provinte do Araz Nakhcivan, equipo da liga Premier de Acerbaiyan, deu os seus primeiros pasos no AEP Futsal no que estivo durante as tempadas 17/18 e 18/19. Na 19/20 ficha polo Joaçaba Futsal (Ajec), e na 21/22 polo Concórdia Futsal, equipo de Primeira División brasileira. Na 22/23 xoga no Araz Nakhcivan ata esta 23/24 que vén a Burela.
Mika, sobre a renovación e os seus obxectivos para a próxima tempada, “Estou moi contento coa renovación, era un dos meus obxectivos, renovar e medrar dentro do club. E agora temos que seguir traballando aos poucos para manternos na categoría e aos poucos buscar algo”. Sobre a tempada 23/24, “Foi unha tempada perfecta, chea de emocións e sensacións!! Non empezamos moi ben e fumos medrando pouco a pouco, especialmente como equipo. E levamos ao Burela onde sempre debía estar, en Primeira División”. A súa valoración do equipo, “Un equipo novo con moito talento e moita ambición, que desde o principio mostrou o que quería”. Sobre a súa estancia en Burela, “Falar de Burela é moi fácil, vivo nun pobo igual a Burela, así que estou na casa!! A xente daquí é moi apaixonada polo fútbol sala, e isto transmite moito aos xogadores, polo que non hai maneira de non ser feliz e non loitar por este equipo e por este pobo”.
Iván de Uña Feliz, Malaguti, pivote benaventano de 28 anos, autor de 17 tantos nesta tempada de ascenso, tamén continuará nas filas do conxunto laranxa a tempada que vén. Provinte do KS Constract, xogou case toda a súa carreira no equipo da súa terra, o Átletico Benavente. Comeza xogando ao fútbol e aos 18 anos interésase polo fútbol sala ingresando no equipo Xuvenil División de Honra do Benavente na tempada 2014/2015, combinando a súa participación co equipo senior. Na tempada 2015/2016 comeza a xogar no senior de forma exclusiva e a seguinte, 2016/2017, marcha ao Cidade de Narón unha tempada. Volve ao seu equipo natal na 2017/2018 onde será unha peza fundamental, conseguindo un ascenso a Segunda División e disputando a final polo ascenso a Primeira na tempada 21/22. En decembro de 2023 ficha polo KS Constract, equipo polaco de Primeira División, co que despois de 10 anos en primeira, conseguen gañar a liga na tempada 22/23 e volvendo a España onde ingresa no conxunto burelao.
Malaguti, sobre a renovación e os seus obxectivos para a próxima tempada, “Moi contento a verdade. Despois dun ano marabilloso nun pobo tan acolledor e con xente incrible creo e penso que é a mellor decisión posible. Foi un ano redondo, co ascenso a primeira e cando eres feliz nun sitio hai que seguir alí”. Sobre os seus obxectivos para esta próxima tempada, “os obxectivos para esta tempada a nivel individual son os mesmos que o ano pasado. Axudar ao equipo en todo o que estea na miña man. Tanto na faceta defensiva como na ofensiva. E estar ao nivel do que require xogar na mellor liga do mundo.” Sobre a tempada pasada, “á tempada 2023/2024 poñeríalle un 9, e explícoche porqué non lle dou un 10, creo que tiñamos equipo para ascender directamente sen pasar por play-off pero despois do mal arranque, perdendo bastantes puntos nese inicio ligueiro, púxose complicado ese obxectivo. Foi, para min, unha tempada espectacular co ascenso a primeira división despois dunha tempada dura e dun play off incrible pero durísimo á vez. Creo que fumos o equipo que máis o mereceu e cando o mereces, adoitan caer as recompensas.” Sobre o equipo, “Esta tempada vamos competir en Primeira División por cumprir o obxectivo primordial que é a permanencia. Quedamos un bloque compacto do ano pasado e creo que esa vai ser a esencia de competir e sacar bos resultados este ano. Ao final cando hai harmonía amizade e bo rolo dentro do vestiario iso transfírese á pista. Confío moito nas posibilidades deste equipo dos que coñezo máis os reforzos que chegarán para axudar que seguro que o farán fenomenal tamén”. Sobre o pobo de Burela, “en Burela estou súper a gusto. É un pobo súper acolledor con xente marabillosa e que vive moito o fútbol sala. Cando te dedicas a algo que no pobo onde vives desfrútase e vívese tanto como é neste caso, estar a gusto aquí é moi fácil. Logo está preto de onde eu son e iso tamén é un punto a favor. Así que moi contento pola renovación e por formar parte outro ano máis deste gran club e da Familia Laranxa”

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.

