Ribadeo, 22 de agosto de 2024. O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou esta tarde Ribadeo.
O alcalde, Dani Vega, indicou que “todo o traballo intenso que estamos tendo coa Dirección Xeral de Comercio, con Acisa, en definitiva con todo un sector que representa moitísimo en Ribadeo, e dende logo nosoutros queremos seguir promocionando, activando e trasladando novas propostas”.
O rexedor subliñou que “neste caso, xa é moi novidoso todo o que se fixo durante este escaso período, onde xestionamos 50.000 euros na Dirección Xeral de Comercio para dixitalización, para promoción e tamén para incrementar orzamentariamente as Panchas. Creo que iso é importante, primeiro xestionar o orzamento e tamén trasladar propostas”.
Vega contou que “nesta reunión, que mantivemos co director xeral de Comercio, démoslle certo dinamismo ao Nadal, creo que hai que promocionar o comercio local, o comercio de proximidade, todo o que representa o noso gran comercio. Debemos traballar moito nos domingos, neses domingueos que xa vimos activando e promocionando. E tamén hai que traballar nunha liña estratéxica de dinamismo local, de promoción e de relevo xeracional, porque eu creo que é realmente importante”.
E engadiu: “o director xeral de Comercio reúnese con Acisa, con todo un sector, e así concretar e así tamén recoller propostas. Creo que é o máis importante esa escoita activa nun sector que sigue medrando, que sigue avanzando, e que Ribadeo ten moito que dicir no conxunto de Galicia, porque o comercio neste sector de servizos Ribadeo é un exemplo.
Nesta visita, neste encontro con Acisa, deunos a oportunidade de visitar e de escoitar a todos os comerciantes. Por tanto, nesta escoita permanente, nestas propostas nas que estamos traballando, e nesta xestión de recursos, que debemos agradecer tamén á Xunta esa dispoñibilidade. Eu creo que estamos nun camiño acertado, nun camiño de traballo e nun camiño de colaboración, que é o que dá grandes resultados”.























O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.



