Os populares comprobaron que “a rexedora socialista continúa a repetir os mesmos erros ao volver levar a pleno a aprobación dun expediente sen a documentación que obriga a lei, como advirte a Secretaría”
Burela, 2 de agosto de 2024. Os concelleiros populares de Burela comprobaron, tralo pleno deste xoves, que “a alcaldesa continúa a repetir os mesmos erros levando a Pleno a aprobación de varios asuntos sen a totalidade dos informes ou documentación requirida, como advertía o informe de Secretaría”.
Así, os populares advirten que “a señora López Moreno daralle adiante a tódolos expedientes que ela queira sexan irregulares ou non, ilegais ou non” á vista de que “fixo caso omiso ao Grupo Municipal Popular cando lle advertiu que a aprobación da modificación puntual da RPT que levaba a pleno para o seu debate e votación sería nulo de pleno dereito por faltar dous informes que son preceptivos por lei”.
Finalmente, o equipo de goberno de PSOE e BNG aprobaron este expediente a pesar de que, tal e como figura en numerosas sentenzas ditadas en varias comunidades de España é nulo de pleno dereito”. Polo tanto, “pode ser tumbado polos tribunais”.
Por outra banda, condenan os edís do Partido Popular que “á alcaldesa non lle preocupa a seguridade da cidadanía” porque “é a segunda vez que o Grupo Municipal Popular leva a pleno a ampliación do plantel da Policía Local ata o máximo que permite a actual RPT e, se é posible, ampliar aínda máis ata completar as tres quendas (mañá, tarde e noite)”. Os populares defenden que “a presenza de efectivos da Policía Local pode ter un efecto disuasorio”.
O portavoz, Manuel Rouco, lamenta que “a señora López Moreno se negara a apoiar esta iniciativa -que ía en consonancia cunha das demandas que fixo pública recentemente a asociación de veciños O Vencello- dicindo que era un custo excesivo. Non podemos entender que lle poña prezo á seguridade dos veciños”. É máis, “terá que explicárllelo ás persoas que sufriron algún tipo de altercado: os comerciantes que sufriron roubos ata en tres ocasións ou á señora que sufriu recentemente un tirón no centro de Burela…”. Así mesmo, lembran que “tamén houbo incidentes violentos e actos vandálicos fai pouco”.
Finalmente, “aqueles que pedían respecto á diversidade de criterios e á convivencia, son os que peores formas mostraron no pleno, tal e como é habitual no último ano de mandato”. Os populares condenan “os insultos da alcaldesa a un concelleiro do noso grupo ou as difamacións continuas”. Neste sentido, “a rexedora socialista dedicouse a repartir carnés de bos e malos veciños de Burela alegando que, os que non opinan coma ela, non querían a nosa vila. Isto demostra, ás claras, a deriva totalitarista do goberno da señora López Moreno”, conclúen.






















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



