María del Carmen del Río entregou á Rede Museística o material, co que realizaba o seu oficio en Rinlo, e que xa se pode visitar
Lugo, 20 de agosto de 2024. O Museo Provincial do Mar, en Cervo, acolle dende este martes cinco novos elementos que serviron como ferramentas de traballo a María del Carmen del Río Martinez, percebeira en Rinlo, Ribadeo. A doante, que participou na mostra “Mariñas, Marosas e Maruxainas” que contaba a historia de 16 traballadoras do mar e da terra, unha por cada concello da Mariña, permite así coñecer o seu oficio a todas as persoas que visiten o espazo provincial.
O material está formado por cinco elementos. Por unha banda están tres utensilios como dispondas e o gancho para coller o percebe e, por outro están o gancho e o saco que se atan á cintura para a recollida deste crustáceo. Esta doazón ven a complementar o traballo das fotografías, asinadas por Germán Limeres, Xosé Reigosa, Ignacio Castro “Nachok” e Lucía Sánchez, que amosan o paso do tempo polas facianas e as mans de pescantinas, redeiras, mariscadores, percebeiras, empregadas de conserveiras, taberneiras ou labregas.
O deputado de Rural, Mar e Mocidade Daniel García celebrou esta nova doazón que “nos permite coñecer máis sobre a nosa historia e a vida de mulleres mariñás que deixaron pegada no presente. Con pezas coma esta complementamos a narrativa de xénero e sumamos un novo proxecto á memoria histórica”.
Tamén se inaugurou a mostra “Conservas da memoria”, unha proposta artística realizada da man da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e Outras Demencias de Burela e Viveiro (AFAN) e as súas usuarias e usuarios. A mostra conta con 25 latas de conserva nas que mulleres e homes plasmaron a súa historia a través de imaxes e debuxos.
“Conservas da memoria” poderá visitarse no Museo do Mar ata o Día Mundial do Alzheimer, 21 de setembro, e que permitirá concienciar sobre esta doenza que afecta a un gran número de poboación maior de 60 anos.


























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



