Será o día 20 de setembro, venres, ás 21:00, con entrada a 4€
Burela, 13 de setembro de 2024. O Concello de Burela acolle, na Casa da Cultura, unha representación da obra teatral ‘Boa Sorte Mala Fama”, da compañía Tarabela Creativa.
Terá lugar o día 20 de setembro, venres, ás 21:00, con entrada a 4€. Está dirixida a un público adulto, a partir dos 13 anos de idade.
A obra conta con texto e dirección de Carmen Conde, que tamén actúa na mesma xunto a Nastasia Zürcher e Mariña Pena.
Trátase dunha traxicomedia en tres actos, na que tres mulleres representan o rostro menos institucional e máis incómodo da emigración galega, a través da narración oral, a música ao vivo e a interpretación actoral.
“Coincidindo co centenario das escolas vellas de Burela, esta representación é unha oportunidade perfecta para reflexionar sobre o papel das escolas de migrantes na transmisión da cultura e da lingua galega ás novas xeracións, tanto dentro como fóra de Galicia”, sinala a concelleira de Cultura, Lina Gómez.
“A obra pode ser vista como unha homenaxe a estas persoas que, a pesar das dificultades e da distancia, mantiveron un forte vínculo coa súa terra de orixe”, engade a concelleira.






















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.


