Lugo, 16 de setembro de 2024. A área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo reforzará a colaboración con Asoporcel para colaborar no financiamento das iniciativas de promoción do consumo de carne desta raza autóctona que a asociación de criadores desenvolverá coincidindo co 25 aniversario dentro da campaña “25 anos coidando da raza”.
O deputado Daniel García mantivo un encontro de traballo con representantes da entidade, na que se acordou unha colaboración excepcional de 12.000 euros e na que se puxo en relevo o traballo desenvolvido pola entidade na recuperación da raza e na promoción dos seus produtos nas feiras e mercados de proximidade como un referente de calidade.
O responsable provincial sinalou que “a viabilidade económica das granxas depende fundamentalmente da demanda do produto polo que coincidimos con Asoporcel en que unha das mellores maneiras de apoiar ás criadoras e criadores é poñer en valor as calidades gastronómicas da súa carne”.
A colaboracion afonda no apoio que a área de Rural prestou as degustacións na Praza de Abastos de Lugo e noutras feiras e mercados de proximidade da provincia nos últimos meses. Súmase á participación de criadores e criadoras no catálogo da oferta formativa de educación infantil e primaria Da Escola á Granxa e no programa de axudas a investimentos de gandería extensiva O que non arde
25 anos de Asoporcel
A Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta creouse en 1999 para canalizar as labores de recuperación e conservación desta raza autóctona que comezaran coa creación dun banco de animais vivos en Triacastela, onde se localizaran algúns dos últimos exemplares.
A entidade encárgase da xestión do libro xenealóxico e do programa de cría da raza, así como da certificacion e verificación da trazabililade dos produtos comercializados co selo 100% Raza Autoctona Porco Celta, que dinamiza con diferentes accións de promoción.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



