Este segundo elevador é un paso máis cara ao obxectivo de reforzar a comodidade, a accesibilidade e o benestar no día a día das persoas usuarias e tamén do persoal do centro, contribuíndo a mellorar a súa autonomía
Cervo, 21 de setembro, 2024. O Concello de Cervo vén de poñer en funcionamento o elevador adicional instalado no Centro de Día Residencia para mellorar a accesibilidade deste edificio municipal e tamén o día a día das persoas usuarias e do persoal que traballa no centro, con capacidade para 54 persoas internas e 25 usuarios/as para o centro de día.
A actuación, financiada co remanente de tesourería das arcas municipais, supuxo a instalación dun novo ascensor eléctrico no centro da fachada lateral do centro, ao final do corredor dos pisos superiores, destinados a residencia, afectando o menos posible á distribución interna do edificio “para mellorar tamén o nivel de autonomía das persoas usuarias e a funcionalidade e a loxística interna do centro”.
O elevador, con capacidade para 11 persoas e 5 paradas, supuxo un orzamento superior aos 162.000 euros.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, puxo en valor a actuación “que é un paso máis na mellora das nosas infraestruturas, pensando sempre nas persoas, na veciñanza, neste caso nos nosos maiores, porque esta é unha inversión non só en accesibilidade é un investimento en mellora da súa calidade de vida”.
Un dos maiores desafíos que trae o envellecemento –engadiu- é a mobilidade, “pero as barreiras físicas non deben ser un obstáculo para que os nosos maiores poidan moverse con liberdade, seguridade e confianza na súa contorna”.
Polo que este novo elevador non só mellorará a loxística do centro senón que facilitará o desprazamento das persoas usuarias, mellorando o seu día a día e garantindo unha maior independencia e seguridade.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



