Ante a proliferación da Enfermidade Hemorráxica Epizoótica o BNG denuncia a pasividade da Xunta de Galiza e urxe a artellar medidas preventivas e paliativas suficientes
Madrid, 14 de setembro de 2024. O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, anunciou durante a visita a unha explotación gandeira de Guitiriz o rexistro de iniciativas para demandar a implicación do Goberno do Estado, no concreto do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, para desenvolver todas as medidas preventivas e paliativas necesarias para loitar contra a Enfermidade Hemorráxica Epizoótica en coordinación e colaboración coas CCAA. O BNG urxe estabelecer partidas específicas que permitan incrementar e mellorar as indemnizacións ás explotacións afectadas, así como un estudo da incidencia, impulsar unha campaña de vacinación que favoreza a inmunidade das reses, e convocar unha reunión urxente do Comité Nacional do Sistema de Alerta Veterinaria (RASVE), entre outras cuestións.
Durante a visita a unha explotación gandeira na localidade de Guitiriz, o deputado do BNG no Congreso estivo acompañado pola deputada nacionalista no Parlamento de Galiza, Montse Valcárcel, e a portavoz municipal da organización, Mónica Roca, así como doutros cargos orgánicos e institucionais do BNG.
A proliferación de casos da Enfermidade Hemorráxica Epizoótica na época estival e a pasividade da Xunta de Galiza para desenvolver medidas preventivas están a ter resultados dramáticos para os animais e, por extensión, para as persoas propietarias. Ante esta situación, o BNG demanda a implicación do Goberno do Estado para que artelle medidas preventivas e paliativas suficientes.
“O MAPA ten que estabelecer partidas orzamentarias específicas destinadas ás Comunidades Autónomas que permitan incrementar e mellorar as indemnizacións ás explotacións e persoas propietarias de gando afectadas pola EHE e incluír tratamentos destinados a paliar os síntomas, os servizos veterinarios e mesmo a morte do animal” defende o deputado do BNG no Congreso.
Así mesmo, insta o Goberno a estabelecer, en coordinación e colaboracións coas administracións de cada Comunidade Autónoma, campañas de vacinación voluntaria contra o virus, subvencionando o custo das doses, tratamentos e servizos para favorecer a inmunidade. “Ao tratarse dunha enfermidade vírica non existe tratamento máis que paliar os síntomas mais, recentemente, a AEMPS ven de autorizar unha vacina coa que poder previr a doenza e que está actualmente a disposición para a súa comercialización, suxeita a prescrición veterinaria” explica Rego.
“Débese realizar un estudo da incidencia da EHE nas distinta áreas e Comunidades Autónomas, nomeadamente na Galiza como zona de especial afectación, e convocar unha reunión urxente do Comité Nacional do Sistema de Alerta Veterinaria (RASVE) para debater o estado da enfermidade e aportar posíbeis solucións que freen o seu avance” reclama Néstor Rego.
Actuacións contundentes frente á pasividade da Xunta de Galiza
A situación que atravesan os gandeiros e gandeiras da Galiza é de “total abandono por parte da Xunta de Galiza” que desouviu as alertas que a organización nacionalista e os propios traballadores do sector primario realizaron. “A Xunta debe adoptar medidas urxentes e debe asumir as súas competencias nunha situación tan grave como a que está a atravesar o sector e que supón custos elevados para as explotacións, sobre todo para as pequenas e medianas” reivindica a deputado do BNG no Parlamento de Galiza.
Montse Valcárcel denunciou a falta de planificación da Consellería para prever e combater a enfermidade e criticou as pírricas indemnizacións que está a estabelecer a Xunta para paliar a morte dos animais. As indemnizacións, explica a deputada nacionalista, saen dunha partida por valor de 196.000 euros o que “non chega a 500 euros por animal se calculamos que con ese diñeiro se indemnizaron 409 mortes na pasada tempada”.




















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



