“O alcalde ten unha actitude absolutamente irresponsable de gran gravidade cando leva ao pleno a adxudicación do novo contrato sabendo que hai persoas que están na residencia e que non van a poder pagar este servizo” sinala o voceiro popular, Javier Castiñeira
Foz, 6 de setembro de 2024. O Partido Popular de Foz define como ridícula e falta de talante a actitude do señor Cajoto no pleno celebrado onte. É ridícula porque por segunda vez queda sen ser adxudicado o novo contrato da Residencia de Maiores por retiralo, a estancia dun informe da Secretaria unha vez analizado o recurso interposto polo Grupo Municipal do Partido Popular que impugnaba o anterior pleno porque o alcalde incumpriu o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROF) ao non deixar votar que se deixara enriba da mesa; e é unha falta de talante xa que Cajoto volveu a expulsar da sesión plenaria aos familiares dos usuarios por aplaudir a retirada da adxudicación mentres non se aclare todo e se adopten medidas para solucionar a subida das taxas.
Dende o Partido Popular pídenlle a Cajoto que recapacite despois destes dous fracasos e que se sente a falar cos grupos políticos e cos familiares para darlle unha solución a este asunto e aliviar a subida das taxas, ben mediante un canón fixo que ten que pagar o Concello ou ben modificando as axudas de emerxencia que, no seu momento, foron deseñadas para casos de beneficiencia e non para as subidas que propón o equipo de goberno.
“O alcalde ten unha actitude absolutamente irresponsable de gran gravidade cando leva ao pleno a adxudicación do novo contrato sabendo que hai persoas que están na residencia e que non van a poder pagar este servizo. Trátase dun caso de interese público e social que é necesario resolver antes de que entren en vigor as taxas abusivas do señor Cajoto”, sinala o voceiro popular, Javier Castiñeira
Incumprimento do artigo 78 do ROF
O PP de Foz tamén chamou a atención ao alcalde por incumprir o artigo 78 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROF) ao non ter convocado pleno ordinario de xullo, tal e como está pactado no pleno de organización que se fai ao inicio da lexislatura.



















Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



