Concelleiros do PP de Foz e representantes da asociación A Ribeira participaron onte nunha xuntanza co presidente de Portos de Galicia para coñecer a situación na que se atopa o expediente
Foz, 19 de setembro de 2024. Os concelleiros do PP de Foz defenderán unha iniciativa no vindeiro pleno para instar ao Ministerio de Transición Ecolóxica a que axilice e emita canto antes o informe solicitado por Portos de Galicia sobre o dragado da canle e da dársena do Portochico.
Así o explica o voceiro popular en Foz, Javier Castiñeira, que onte participou xunto a varios concelleiros e representantes da asociación A Ribeira nunha xuntanza co presidente de Portos de Galicia para coñecer a situación na que se atopa o expediente.
“É un informe fundamental para seguir coa tramitación ambiental e a posterior licitación do dragado, moi importante para o sector, algo que lle transmitimos onte ao director de Portos de Galicia, explicou.
Durante a xuntanza “puidemos coñecer” o estado no que se atopa o expediente do dragado e da reorganización de Portochico, “e lamentablemente constatamos que aínda non chegaron os informes necesarios a pesar de que hai varios meses que se solicitaron”.
Javier Castiñeira lamenta “toda a burocracia que estamos a sufrir” por parte do Ministerio de Transición Ecolóxica o que “está a afectar directamente ao desenvolvemento de Foz”. “Seguramente no Ministerio están máis preocupados por outros temas que por desenvolver uns traballos que teñen un orzamento de 3.5M€”, explicou.
Por último, dende o PP de Foz agradecen á asociación A Ribeira a súa preocupación porque se desenvolvan estes traballos que “insistimos son fundamentais para o crecemento de Foz”, así como ao presidente de Portos de Galicia “por informar con total transparencia da situación na que se atopa o expediente”.





















O Pazo de San Marcos acolleu a conferencia final, de Manuel Andrade Baliño, e a entrega de premios ás alumnas e alumnos que obtiveron mellores valoracións nas probas que realizaron, o xoves, individuais, na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, e o venres, por equipos, en Mondoñedo. A final do certame, cunha axenda complentaria que achegou ás rapazas e rapaces ao patrimonio e á cultura, celebrouse por primeira vez en Lugo da man da Asociación Galega de Profesorado de Matemáticas (Agapema) e coa colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación.
Por este motivo, o Concello recomenda ás persoas, colectivos e entidades que precisen facer uso dalgunha instalación municipal ou solicitar material que presenten as súas peticións coa antelación necesaria. A medida permitirá organizar adecuadamente a atención das solicitudes e a planificación dos recursos municipais.
Dentro desta programación, o martes 30 de xuño ás 11:00 celebrarase na Casa da Cultura unha charla divulgativa impartida pola astrofísica Lucía González Cuesta, aberta a toda a veciñanza. A iniciativa enmárcase no programa provincial que busca ofrecer información rigorosa e garantir unha observación segura. Durante a xornada repartiranse folletos e gafas homologadas. A alcaldesa, Marta Rouco, destaca o carácter histórico do eclipse e anima a participar para vivilo con seguridade. O Concello lembra que só deben empregarse gafas específicas para mirar ao sol e continuará colaborando en actividades divulgativas e sociais arredor deste acontecemento único.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.



