As gandeiras/os do SLG reiteran á CMR a solicitude de medidas específicas para paliar xa os impactos económicos nas granxas
Ourense, 10 de Setembro 2024. Debido á alta incidencia da Enfermidade Hemorráxica Epizoótica (EHE) e significativa taxa de efectos secundarios no gando afectado que dificultan a aplicación da vacina obrigatoria de Lingua azul en bovinos e ovinos, a Consellería do Medio Rural semellou entrar en razón e accedeu hoxe, como vimos solicitando reiteradamente dende o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL), a extender a autorización para deixar saír os animais das granxas sen a pauta de vacinación completa.
Ante este anuncio ADIAMOS a concentración convocada para mañá fronte ás instalacións da Consellaría en Ourense, trasladando ao mesmo tempo a solicitude de activación das seguintes medidas acordadas polas gandeiras e gandeiros do Sindicato Labrego. De non ser atendidas nas vindeiras semanas, activaremos de novo o calendario de mobilizacións ao que dimos inicio o pasado 14 de agosto.
REIVINDICACIÓNS SOS GANDARÍA
-Urxir da Xunta de Galicia a adopción de medidas de apoio concretas ante as perdas da EHE (gastos veterinarios, mortes, abortos, diferentes tipos de perdas…)
-Incremento das insuficientes contías das indemnizacións por mortes
-Financiamento da vacina por EHE, que debe seguir sendo voluntaria
-Protocolo claro de vacinación: non vacinación de rabaños coa enfermidade activa; prazos entre a vacinación de lingua azul e da hemorráxica; estudo da viabilidade real da vacina da lingua azul considerando a clínica desta enfermidade e as perdas e efectos secundarios da vacinación; pautas de vacinación tendo en conta o calendario dos vectores de transmisión e o prazo para que a inmunización sexa efectiva, etc.
-Garantir a saída de animais das granxas, tendo en conta a imposibilidade de granxas para ter a pauta de vacinación completa de lingua azul (demoras na atención do persoal veterinario da Xunta, situación de enfermidade…).
-Dotación de persoal veterinario e medios suficientes nas Oficinas Agrarias Comarcais para sacar as mostras, rexistrar e facer seguimento de todos os casos de EHE, efectos vacinación… -cómpre incidir en que a vacina da EHE é nova, en probas dende a primeira semana de agosto-, e unha atención axeitada.
Estas demandas deben ser atendidas con urxencia. Do contrario, como xa sinalamos, verémonos na obriga de retomar o calendario de mobilizacións. Polo momento ADIAMOS, que non suspendemos, a convocatoria de concentración prevista para mañá en Ourense.






















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



