O orzamento de adxudicación supera os 0,5M€ e o prazo de execución das obras finaliza nun período de 12 meses
Foz, 13 de setembro de 2024. O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, supervisou esta mañá xunto ao alcalde de Foz, Francisco Cajoto, o inicio das obras dunha das glorietas que mellorará o acceso á localidade pola N-642. Durante a visita, o delegado destacou o firme compromiso do Goberno de Pedro Sánchez coa mellora das infraestruturas de comunicación e acceso en toda Galicia, subliñando a importancia de actuacións como esta en Foz para garantir o desenvolvemento dos concellos e incrementar a seguridade dos cidadáns.
Pedro Blanco manifestou que “este proxecto é unha mostra máis do esforzo do Goberno por mellorar as conexións viarias en todo o territorio, favorecendo así a vertebración e o crecemento das nosas comarcas”. Ademais, subliñou que “as dúas glorietas que se van a construír na N-642 serán clave para optimizar a entrada ao concello de Foz, beneficiando tanto aos seus veciños como a todos aqueles que visitan a zona”, declarou.
A empresa adxudicataria comezou os traballos esta semana, dando así o pistoletazo de saída a unha das actuacións máis agardadas polos veciños da comarca, que se enmarca nun contrato licitado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para a mellora da seguridade viaria mediante a transformación de dúas interseccións en glorietas, na N-642, pk. 39+910 e 40+970. O orzamento de adxudicación é de 0,5M€ e o prazo de execución das obras finaliza en 12 meses.
Pola súa banda, o alcalde de Foz expresou a súa satisfacción polo comezo dunhas obras que mellorarán notablemente o acceso ao municipio e contribuirán ao desenvolvemento local.
Proxecto
O proxecto consiste na transformación en glorietas das interseccións existentes situadas nos PPKK 39+910 e 40+970 da estrada N-642, reposición de marcas viarias e iluminación, revisión e reposición da sinalización vertical, acondicionamento das zonas de circulación peonil, elementos de drenaxe e servizos afectados, ademais da reposición de accesos e outros servizos que resulten afectados polas obras necesarias para dispoñer as novas glorietas.
Con esta actuación preténdese optimizar a seguridade viaria e facilitar a fluidez do tráfico nunha das principais vías de acceso ao municipio. As obras inclúen a construción dunha glorieta que permitirá unha mellor organización do tráfico, reducindo os riscos de accidentes e mellorando o acceso a Foz.
O Alcalde pon en valor xunto ao delegado do goberno o inicio das obras
O alcalde de Foz, Fran Cajoto, supervisou xunto ao Delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, o inicio das obras.
O rexedor municipal, que acudiu acompañado dos concelleiros Ángel Fernández, Ana Rojo e Carlos García, destacou “a sensibilidade do Delegado do Goberno e o compromiso do Ministerio de Transportes con Foz. Quero agradecer tamén ao senador César Mogo e á anterior secretaria de Estado Isabel Pardo de Vera o impulso destas infraestruturas, desde a primeira publicación no BOE en agosto do 2022 ata o día de hoxe, no que as obras xa son unha realidade”.
As obras comezaron na intersección da nacional N-642 cos accesos aos barrios da Gralleira e Ribela, na parroquia de Cangas. “Con esta rotonda imos facilitar enormemente o acceso das veciñas e veciños da Gralleira e Ribela ás súas vivendas, xa que ata o de agora tiñan impedido o xiro á esquerda. Ademais a rotonda servirá de cambio de sentido para os vehículos que se acheguen ás instalacións da ITV. Despois destes traballos as obras continuarán coa construción dunha nova rotonda no cruce coa estrada a Ferreira e centro cívico de Cangas. É unha intersección moi utilizada e que constitúe un punto negro da nacional. Estamos a mellorar a seguridade viaria, con actuacións que pensan nos vehículos pero tamén nos peóns”, destaca o alcalde de Foz.
Antes da visita Fran Cajoto mantivo unha reunión de traballo co Delegado do Goberno, na que compartiron proxectos que quere impulsar o Concello, así como a problemática derivada dos desprendementos do inverno pasado na cala de San Pedro en Cangas e na praia de Arealonga, entre Nois e Fazouro. “Despois dos estudos xeotécnicos por parte de Adif -Arealonga- e Costas -na cala de San Pedro, en execución- queremos que se traten canto antes as solucións prácticas. Preocúpanos moito o paso peonil en Cangas, xa que unha estrada con máis de dez mil vehículos ao día non é unha opción segura para os peóns”, explica o rexedor municipal.
Esta visita terá continuidade no tocante á Demarcación de Carreteras o vindeiro día 25 de setembro, nunha reunión de traballo que manterá o Concello de Foz coa Subdelegada do Goberno e o Xefe da Demarcación. “Seguimos traballando pola mellora da intersección da Corredoira da N-642 coa estrada LU-152 a Ferreira, por un Terceiro Acceso que cada vez se mostra máis necesario e por outros proxectos. Agradezo moito a atención do Delegado do Goberno e o seu compromiso con Foz. Queremos que se escoite a Foz en todas as administracións, por iso seguiremos petando á porta da conselleira de Política Social por unha reunión urxente ante a problemática da residencia; o silencio despois de máis de tres meses non é admisible”, remata o alcalde.























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



