Segundo partido de liga en Vista Alegre, dominado polas burelenses, con dobrete de Emilly e grandes intervencións de Caridad e as dúas porteiras do conxunto Murciano
Burela, 28 de setembro, 2024. Ás 18.45h desta tarde celebrouse a 4ª xornada da liga de Primeira División Iberdrola FS na que o Pescados Rubén Burela FS se impuxo en Vista Alegre, unha vez máis, ante un incansable LBTL Futsal Alcantarilla que non se rendeu ata o final, cun resultado (4-1).
Comeza a primeira parte con intensidade especialmente por parte do conxunto local que presiona para conseguir rápido o primeiro gol que lles da tranquilidade nesta primeira parte. No minuto 2 chega o 1-0 cun gol de Emilly a pase de falta de Patricia, cun disparo que toca en Ana Romero pero non logra deter. Continúa a intensidade, por parte de ambos equipos aínda que dominando o Burela, con varias oportunidades en senllas porterías e cun bo papel de ambas as porteiras nesta primeira parte. No minuto 8 boa combinación nun saque de esquina entre Emilly e Antía que acaba en Cris Loures, quen efectúa un bo disparo que desvía Ana Romero. No consecuente saque de esquina Emilly atópase co traveseiro con outro potente disparo tamén frontal e desde fóra da área. No minuto 14 gran oportunidade de Cami nunha boa xogada combinativa na que Patricia lla coloca na área cunha diagonal, pero Ana Romero detén o remate. Grandísima intervención de Ana Romero, outra vez, no minuto 18 ante un cara a cara con Emilly que despexa na liña da área. Moito ritmo e xogo de balón nunha primeira parte dominada polo locais pero cunha potente defensa por parte das murcianas. No último minuto despois dunha boísima xogada individual de Emilly, Dany consegue o segundo no intento de coala desde o bordo da área por parte das dúas cracks brasileiras.
Continúa a segunda parte repetindo quinteto o Burela e con Arcas defendendo a portería visitante, grande intervención tamén desta porteira ademáis de ser súa primeira vez baixo os paus do noso fortín, Vista Alegre. Varios disparos a porta nos primeiros minutos de xogo frustrados por Arcas, entre eles un no minuto 3 que despexa a córner un trallazo frontal de Patricia desde fóra da área. No minuto 25 Dinha consegue o terceiro nunha boísima transición de Emilly, tras un roubo da máquina brasileira en pista contraria. No 28 María logra recortar distancias cun golazo tras regatear a Cami no bordo da área, pero dous minutos despois o Burela volve impoñer a súa autoridade na casa co cuarto tanto, obra de Emilly nun saque de falta indirecta dende a liña da área que lle cede Cilene. Paradón de Arcas no minuto 37 a un disparo raso de Dinha que podería entrar xunto ao pau. Sae o conxunto murciano con María de porteira-xogadora a dous minutos e medio do final. Balón ao travesero, outra vez, de Emilly nun disparo maxistral case desde o fondo da área que ben puido ser o quinto tanto das mariñás. Continúa presionando con xogo de cinco o Alcantarilla ata o final do partido sen conseguir cambiar o marcador.
A próxima semana as Pícaras viaxarán a Murcia para enfrontarse ao STV Roldán, un encontro que se prevee complicado ante un dos rivais máis duros da categoría.
Ficha Técnica Pescados Rubén Burela FS FS 4-1 LBTL Futsal Alcantarilla
Pescados Rubén Burela FS (4): Caridad; Dany (C), Cami, Patricia, Emilly- cinco inicial-, Débora, Noelia Montoro, Carolina Pedreira, Dinha, Antía Pérez, Cristina. Entrenador: Julio Delgado.
LBTL Futsal Alcantarilla (1): Ana Romero; Melli, Anita, Eva, Toñi -cinco inicial-, María, Bet, Iraia, Ana Belén (C), Miriam, Lola, Arcas P). Entrenadora: Alicia Morell.
Goles: 1-0, min 2: Emilly. 2-0, min.20: Dany. 3-0, min.25: Dinha. 3-1, min.28: María. 4-1, min.30: Emilly.
Árbitros: Gael García Schmid, Daniel Eduardo Muñoz García, Óscar Francisco Zarza Sánchez, Abel Molinero Rodríguez.
TA: Melli, Francisco Javier Cano Solana, Eva.























Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.

