Tamén reclamou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación que actúe no marco da normativa comunitaria fronte aos produtos plant-based como xa fixeron outros países como Italia ou Francia
Ribeira (A Coruña), 20 de setembro de 2024. O concello coruñés de Ribeira acolleu a III Xornada de Pesca organizada pola Sociedade Cooperativa Galega do Mar Santa Uxía (OPP-83) na Escola Oficial Náutico- Pesqueira da localidade. No evento se abordaron asuntos de interese para o sector como o novo regulamento de control, os problemas de comercialización ou as oportunidades de financiación a través do Fondo Europeo Marítimo para a Pesca e Acuicultura (Fempa).
Ata alí se desprazou o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, onde reclamou ao Goberno central unha maior implicación na promoción dos produtos pesqueiros nun contexto de progresivo descenso da presencia destes alimentos na cesta da compra. Nesta liña, puxo en valor o compromiso da Xunta neste ámbito con campañas como GALICIA SABE AMAR, apoiando as iniciativas realizadas polo propio sector así como con axudas autonómicas para potenciar a presenza da cadea mar-industria nos mercados internacionais.
Neste sentido, Alfonso Villares mostrou a súa desaprobación á tramitación por parte do Ministerio de Consumo dun decreto para regular a seguridade alimentaria e nutrición para o fomento dunha alimentación saudable e sostible nos centro educativos que limita o consumo destes alimentos. Unha proposta que choca coas premisas da Organización Mundial da Saúde e que vai no sentido oposto aos informes emitidos pola propia Axencia Española de Seguridade e Nutrición que recomenda tres ou máis racións semanais. Unha medida, ademais, que tería un impacto negativo para un sector responsable e modelo de sostibilidade.
Regulación do etiquetado
O titular de Mar reclamou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación que actúe no marco da normativa europea para regular e impedir o etiquetado de produtos plant-based polo que se comercializan produtos vexetais baixo denominación de peixe ou especies de peixe. Unha práctica irregular que está a prexudicar gravemente ao sector. Así, defendeu que o Executivo estatal debe responder ás demandas de entidades representantes da cadea mar-industria como Anfaco-Cecopesca ou Conxemar e regular esta práctica na liña doutros países europeos como Italia o Francia.






















O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.



